Costa da Luz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Caleta, Cádiz.
Almonte (Huelva), Parque Nacional de Doñana.

A Costa da Luz está conformada pola costa española do Golfo de Cádiz. É unha rexión do suroeste de Andalucía que se estende polas zonas costeiras das provincias de Huelva e Cádiz, desde a desembocadura do Guadiana ata Tarifa.

Características[editar | editar a fonte]

Destaca o turismo nacional e tamén é destino para estranxeiros, franceses, ingleses e alemáns principalmente. O crecemento urbanístico dalgunhas zonas do litoral deixou beneficios económicos, pero tamén episodios de especulación e agresións medioambientais.

Dispón dunha oferta turística bastante relevante de prazas hoteleiras e de lecer, tanto de sol e praia, como rural, gastronómico e cultural, campos de golf, parques acuáticos e portos deportivos. As praias da Costa da Luz adoitan estar formadas por interminables dunas conformadas por finos areais e plantas autóctonas, escoltadas nalgunhas ocasións por piñeirais. Os elementos predominantes son a area dourada e moitas horas de sol ao día, en todas as estacións.

Destacan tamén os seus espazos protexidos: Doñana, Baía de Cádiz, cantil e marismas de Barbate, do Tinto e do Odiel, frecha de El Rompido, Lagoa de El Portil, Marismas de Isla Cristina entre outros, así como destinos importantes para o turismo cultural, como Baelo Claudia, cabo Trafalgar ou os lugares colombinos como o Mosteiro de La Rábida, Palos de la Frontera e Moguer.

O nome vénlle dado por unha luz viva que resalta as súas rúas, dunas e o reflexo do mar.

Localidades[editar | editar a fonte]

As localidades da costa da Luz da provincia de Huelva son: Ayamonte, Isla Canela, Punta del Moral, Isla Cristina, Urbasur, Islantilla, Lepe, La Antilla, Cartaya, El Rompido, El Portil, Punta Umbría, Mazagón, Huelva, Matalascañas e a costa do Coto de Doñana, esta última sen actividade turística; e na provincia de Cádiz: Sanlúcar de Barrameda, Chipiona, urbanización Costa Ballena, Rota, urbanización de Valdelagrana, El Puerto de Santa María, San Fernando, Cádiz, Chiclana de la Frontera e a súa urbanización de Novo Sancti Petri, Conil de la Frontera, Los Caños de Meca, Barbate, Zahara de los Atunes, Vejer de la Frontera e Tarifa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 36°15′N 5°58′O / 36.250, -5.967