Corvos da Torre de Londres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jubilee e Munin, dous dos corvos da Torre.[1]

Os corvos da Torre de Londres son un grupo de, polo menos, seis corvos que viven na Torre de Londres.[2] Tradicionalmente, crese que a súa presenza protexe a Coroa e a torre. Unha superstición di que "se os corvos da Torre de Londres se perden ou marchan, a Coroa vai caer e, con ela, Gran Bretaña".[3]

A nivel histórico, os corvos salvaxes eran comúns en Gran Bretaña, mesmo nas cidades, e a torre atopábase dentro da súa área de distribución natural. Cando foron exterminados de boa parte do seu hábitat natural, incluíndo Londres, só podían vivir en catividade na torre e co apoio oficial. A lenda sitúa a orixe da poboación de corvos en catividade nos tempos do Rei Carlos II (reinado entre 1660-85). Algúns historiadores cren que o "mito dos corvos da torre é, probablemente, unha fantasía da era vitoriana".[4] Algúns dos corvos da torre foron criados especificamente en Somerset.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «A Guide to the Tower Ravens».
  2. «Learn about the ravens Arquivado 27 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.».
  3. «The guardians of the Tower Arquivado 27 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.».
  4. Kennedy, Maev (15 de novembro de 2004). "Tower's raven mythology may be a Victorian flight of fantasy". The Guardian. Consultado o 29 de maio de 2017. 
  5. "Tower of London's Jubilee raven released". BBC. 26 de decembro de 2012. Consultado o 29 de maio de 2017.