Alfredo Ramos López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfredo Ramos López
Nacemento1898
 Camporrapado, Cortegada, Silleda
Falecemento18 de xullo de 1960
 Silleda, Silleda, Silleda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Alfredo Pío Ramos López, nado en Camporrapado (Silleda) en 1898 e finado na vila de Silleda o 18 de xullo de 1960, foi un médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Busto do doutor Ramos na praza da igrexa de Silleda

Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1925. En Madrid realizou estudos de Odontoloxía e especializouse en Obstetricia e Xinecoloxía. Foi concelleiro de Silleda durante a Segunda República. Obtivo a praza de Medicina xeral en Silleda, onde foi coñecido por exercer a súa profesión desinteresadamente, acudindo polas parroquias a pesar das malas comunicacións e escasos medios da época. Casou en 1942 coa mestra Mª Luisa Regina Mosquera Martínez, irmá de Fernando Mosquera Martínez, alcalde de Silleda entre 1967 e 1971.

Homenaxe[editar | editar a fonte]

Trala súa morte, o pobo de Silleda levantoulle un busto da súa persoa en recoñecemento dos seus méritos como médico[1]. "Os veciños do municipio de Silleda ao Médico D. Alfredo Ramos López, como testemuño de agradecemento" reza a inscrición que ten este busto.

Notas[editar | editar a fonte]