Coprosma repens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coprosma repens
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Gentianales
Familia: Rubiaceae
Xénero: Coprosma
Especie: C. repens
Nome binomial
'Coprosma repens'
A. Rich.
Sinonimia

Coprosma baueriana Hook. f.
Coprosma baueri auct. non Endl.
Coprosma retusa Hook. f
Coprosma stockii Williams

Coprosma repens é unha especie de arbusto con flor ou árbore pequena do xénero Coprosma, na familia Rubiaceae, nativa de Nova Zelandia.[1] O seu nome común en maorí é taupata [2] e en inglés ademais do nome maorí tamén se coñece como mirror bush e looking-glass bush [3] e en Australia, onde se naturalizou, tamén como New Zealand laurel [4].

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie varía grandemente dependendo da súa situación, os exemplares que medran en hábitats expostos aos elementos, como rochas ou cantís, quedan prostrados, a pouca altura da rocha base, pola contra en zonas máis gorecidas poden converterse en pequenas árbores de ata 8 metros de altura.[5] As súas follas son grosas e moi relucentes variando considerablemente en tamaño, cos bordos recurvados, ata o punto que ocasionalmente a folla pode ser cilíndrica.[5]. Rosea na primavera e no inverno, aparecendo as flores macho en cachos compostos e densos mentres as femias fano en cachos máis pequenos. As plantas femia producen drupas ovadas de cor laranxa-vermella de duns 8 mm de diámetro e 10 mm de longo.[5]

Distribución[editar | editar a fonte]

A especie é nativa da Illa Norte, Illa Sur, Illas Kermadec e as Illas dos Tres Reis en Nova Zelandia.[5] En Australia naturalizouse en zonas costeiras dos estados de Victoria, Nova Gales do Sur, Australia Meridional e Tasmania. Existen varios cultivares da planta en uso sobre todo en xardíns costeiros.

'Picturata', cultivar de xardín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "WCSP". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 2010. 
  2. Maori Plant Use
  3. "New Zealand Plant Conservation Network". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 01 de marzo de 2015. 
  4. "Coprosma repens A.Rich.". PlantNET - New South Wales Flora Online. Royal Botanic Gardens & Domain Trust, Sydney Australia. Consultado o 2009-04-26. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Landcare Research (ed.). "Coprosma repens". Flora of New Zealand Series. Consultado o 2009-04-26.