Conversa usuario:Mariquinhagz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Mariquinhagz!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:32, 14 febreiro 2008 (UTC)

Ola, Mariquinhagz, benvida. Púxenlle un marcador de atención ao artigo que creaches, pero non te asustes. Iso faise cos artigos que están incompletos ou que teñen algún problema, para que os demais editores poidamos completalo e axudarche. O máis importante que lle falta a ese artigo é que lle deas formato wiki, que lle poñas ligazóns, etc. podes botarlle un ollo a outros artigos sobre parroquias para ver que estrutura seguen. E conta comigo e co resto dos editores pra todo o que necesites. Un saúdo. --Xabier Cid 01:47, 14 febreiro 2008 (UTC)

Outra benvida[editar a fonte]

Benvido/a á Galipedia Mariquinhagz. Con certo retraso súmome ó saúdo de benvida. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborares connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a tódolas wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nos tes. E por certo, moi bo traballo o que estás a realizar :) Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:55, 18 febreiro 2008 (UTC)

Ola Mariquinhagz,. Grazas por colaborar connosco.

Quixen variar o artigo polipote, pero non puiden por non ter a man ningún manuel que expresase a diferencia entre polipote e políptoton.

Dado que non teño manuais na casa, procurei en Internet e acabei coas ideas moi confusas: non vexo a diferencia entre unha cousa e outra, véxase:

Agradeceríache que indicases referencias para poder xulgar o asunto. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 02:55, 22 marzo 2008 (UTC)

  • Non é molestia ningunha. De saída estaba convencido de que ías ter razón. Seguimos o mesmo texto, só que eu o emprestei e non mo devolveron e non puiden comprobalo. Bo traballo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:04, 24 marzo 2008 (UTC)

trobadores[editar a fonte]

ola Mariquinha!

parabéns pola creación de artigos de trovadores medievais. Unha dúbida. Ás veces puxeches apelidos como Perez, Fernandez ou Gomez. Non deberían ser Gómez (con til) ou Gomes (no caso de ser portugueses?

Non sei que fontes consultaches, pero por exemplo, no caso de Johan Garcia de Guilhade en portugués aparece como pt:João Garcia de Guilhade; cal é o correcto?

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 21:54, 1 xullo 2008 (UTC)

  • ola de novo; cando queiras pór unha ligazón interna a "cantigas de escarnio e maldizer", ou a "cantigas de escarnio", debes facelo redirixindo a cantiga de escarnio e maldizer. Para poñelo en plural podes facer [cantiga de escarnio e maldizer|cantigas de escarnio e maldizer] (con dous corchetes, claro). Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:44, 4 xullo 2008 (UTC)

Estevo e Mariquinhagz, parece que entendedes de cantigas medievais e dou por suposto que tamén das "modernas". Botade un vistazo ó artigo "cantiga" e á súa conversa, porque cómpre redefini-lo título ou o artigo. Eu só coñezo as cantigas "modernas" e insisto en que o que se describe nese artigo non ten (casi) nada que ver con elas e si cos trobadores medievais (de amigo, escarnio, meldizer e todo iso). A ver como o arranxades. Pedro --Lameiro (conversa) 18:45, 4 xullo 2008 (UTC)

ligazóns[editar a fonte]

ola Mariquinha;

para facer unha ligazón o que aparece en azul é o que pós despois da raia vertical, e o que pós antes, o artigo ó que liga. no caso concreto da Coruña, "Coruña" só xa liga ó artigo, pero podes facer outras cousas. Por exemplo en O Porriño, podes facer "do Porriño (dálle a "editar" para ver cómo está escrito).

Espero que servise de axuda. Moi bo o artigo do Sombriza. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 21:29, 5 agosto 2008 (UTC)

Exilio de 1936[editar a fonte]

Ola Mariquinhagz! Hai xa máis dun ems que tes o artigo Exilio galego de 1936 co marcador de enuso. É un artigo moi bo, e quería saber se vas rematalo ou vas continuar en el porque quixera facer algúns poucos e pequenos trocos. Moi bo traballo o do artigo. Parabéns. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:26, 3 decembro 2008 (UTC)