Conversa usuario:Lucia A. Iglesias

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Lucia A. Iglesias!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. MAGHOI (conversa) 28 de decembro de 2021 ás 08:48 (UTC)[responder]

Ola, Lucia! Por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses, Wikipedia:O que a Wikipedia non é e Wikipedia:Libro de estilo.

Respecto ao propio feito de facer artigo sobre Joám José Romero Durán, non é correcto facer artigos sobre xente a quen coñecemos. Ademais, información incluída nos artigos debe ser referenciada noutras fontes, pois a Wikipedia non é fonte primaria. Toda a información non referenciada debería ser borrada. Doutra banda, a Wikipedia non é un repositorio de ligazóns; non ten sentido poñer toda a colección de artigos que escribiu no Nós (imaxinas que no artigo de Otero Pedrayo houbese enlaces a todos os seus artigos?). E respecto ao formato, é incorrecto abusar do uso de negras, nin poñen ligazóns externas no corpo do texto (como o enlace á web da AGLP para a info sobre Xavier Vilhar Trilho, á web de Arnautas ou ao FB de CERCO). Tampouco se poñen ligazóns a Wikipedias noutras linguas.

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de decembro de 2021 ás 12:37 (UTC)[responder]

Ola, Lucía. Como xa tes unha nota anterior de Estevo, non vou volver sobre os problemas de formato, pero si che recomendaría que lle botases unha ollada as ligazóns que aparecen na benvida. Outro tema é o das referencias que achegas sobre o artigo de Joám José, que retirei nalgún caso. As referencias deben apoiar aqueles contidos que aparecen no artigo pero sobre a súa participación no "Anteprojecto de Constituiçom Galega", non aparece mencionado na referencia que ti indicas; tampouco aparece como un dos autores aquí,nin aquí, nin tampouco aquí; polo que, de momento, colócolle un marcador de aviso e se non se cumprimenta nun prazo suficiente, procederei a retira-lo contido desa afirmación.

Lembra que, na Galipedia, preferimos calidade e exactitude a cantidade. Espero que estas advertencias non te amolen e sigas traballando neste proxecto. Para calquera dúbida ou comentario, non te cortes e emprega a miña páxina de conversa. Un saúdo e a darlle duro.--MAGHOI (conversa) 29 de decembro de 2021 ás 13:29 (UTC)[responder]

Ola Lucia A. Iglesias. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo.

Grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 29 de decembro de 2021 ás 16:50 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Lucia A. Iglesias. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 29 de decembro de 2021 ás 16:50 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Lucia A. Iglesias. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 29 de decembro de 2021 ás 22:51 (UTC)[responder]