Conversa usuario:Infiespobra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Infiespobra!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Atobar (conversa comigo) 10:59, 6 maio 2009 (UTC)

Sinto tervos bloqueado, eu xa intuía que podía ser unha ip dun centro educativo, pola diferencia entre edicións. Decidinme a bloquear porque as últimas edicións eran todas vandálicas (supoño que algún alumno dende as computadoras do centro). As edicións que se fixeron pódense ver aquí: Especial:Contribucións/85.91.87.250. Pois máis nada, xa estades desbloqueados, agardo que sexa produtiva a vosa colaboración na Galipedia. Eu estarei para axudarvos sempre que se me precise. Un cordial saúdo. Alberte Si, dígame? 12:50, 6 maio 2009 (UTC)

Ola de novo. Andade atentos porque hoxe de novo produciuse vandalismo dende a ip do voso centro. Desta vez coido que é máis grave porque se crearon artigos con nomes de persoas (alumnos do centro, supoño) nos que se insultaba a esas mesmas persoas. Semella que hai algún alumno rebelde, mais desta vez pasouse porque os insultos persoais contra outra xente xa pasa de nivel. A ver se o desanimades a seguir ese vieiro. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 13:31, 14 maio 2009 (UTC)

Sinto que estemos a dar estes problemas, agora mesmo imos a retomar a cuestión dende a xefatura de estudos e tentaremos de localizar ó persoeiro en cuestión. Tamén comentar que estamos a introducir información na entrada correspondente á Pobra do Caramiñal, e que como só dispoñemos de algunha sesión ó longo da semana, quedan artigos inacabados ou mal introducidos; prego un pouco de pacencia: tentaremos ilos correxindo nas próximas sesións (trabucarse forma parte do aprendizaxe); agradecemos calquer suxestión, pero gostaríanos que o elaborasen os alumnos polos seus medios. Si ves que é moi desesperante, volve bloquear o IP, pero é que estamos controlando as últimas horas de acceso para localizalo, polo que nos resulta útil se segue a introducir contidos. Gracias por todo. (Esta edición fíxoa Infiespobra ás 13:01 do 15 maio 2009, pero esqueceu asinar.)

E que xustamente o que fixemos foi crear o espacio en http://pobra.wikispaces.com/ como primeira etapa e como práctica, e agora estamos no momento de subir eses contidos á Wikipedia, polo tanto, todo o que suba dese sitio non debería ter problemas de autoría.

Ola! Antes de seguir a subir imaxes, tedes que ter en conta que hai que engadirlles licenza e orixe. As imaxes con copyright non poden ser cargadas e as imaxes realizadas polo propio usuario teñen que levar unha licenza compatible coa wikipedia. Para máis información sobre as imaxes podedes ler Wikipedia:Política de uso de imaxes, e para ler sobre as licenzas Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Se non se engaden os datos dos que se falan nesas páxinas as imaxen van ter que ser eliminadas.

Por certo, tedes que ter coidado co tipo de información que engadides. Xa eliminei en varias ocasións contidos propagandísticos. sobre un hotel. Tedes que ter en conta que a wikipedia non é un panfleto ou unha guía turística, senón unha enciclopedia. Máis nada. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 12:43, 27 maio 2009 (UTC)

Sorry, terémolo en conta. Estamos co das imaxes ( ver o seguinte mensaxe de Xabier).

A imaxe Ficheiro:M fachada.jpg podería ser borrada[editar a fonte]

Ola Infiespobra. Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos. Para máis información le Wikipedia:Política de uso de imaxes. Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe. Abonda con incorporar un enlace á páxina da cal se obtivo a mesma, indicar o libro do que se tirou, ou poner que é de creación propia. Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. A orixe ou fonte da imaxe ten que expresar esplicitamente que esas son as condicións de uso. Se queres que che axude a incorpora-los datos ou mesmo que os incorpore eu, explícame de onde saíu a imaxe. Sexa como sexa, non dubides en contactar comigo. Un cordial saúdo --Xabier Cid Conversa 22:43, 27 maio 2009 (UTC)

Desculpa polo traballo que vos estamos a dar, pero conste que é ca mellor das intencións. Esta imáxe en cuestión e de uso libre, a autoría é dun prof. do noso Insti, e tena cedida para uso.A dificultade é que non atopo o xeito de incluir a información sobre as licencias. O mesmo nos pasa cas fotos que están subindo os alumnos: insístolles en que sexan imaxes con licencia ou de autoría propia, pero logo fallamos á hora de acompañar a información. Sen tendes algún sitio onde mirar polo miudo o método de adxuntar esa información, agradezo que mo indiques.

Na propia páxina de carga de imaxes (Especial:Cargar) hai información abonda. No cadro de descrición tedes que engadir, como se di, o cadro (enchido cos datos)
{{Information
|Description=
|Source=
|Date=
|Author=
|Permission=
|other_versions=
}}
Un saúdo. Alberte Si, dígame? 12:48, 29 maio 2009 (UTC)