Conversa usuario:Caneburrio

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, !

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de maio de 2018 ás 10:30 (UTC)[responder]

Boas Caneburrio, desfixen a túa edición en ollomol porque non tiña referencias e segundo o DRAG non hai ese sinónimo. Se tes Wikipedia:Fontes fiables desa denominación podes achegala indicando a referencia axeitada. Se precisas axuda con estes temas podes contactar comigo na miña páxina de conversa ou con outros usuarios na páxina da Taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de maio de 2018 ás 10:30 (UTC)[responder]

Eu púxeno porque tamén o teño visto escrito separado, vinno das dúas maneras. Pensei que era correcto,síntoo moito.[editar a fonte]

Que eu o vín tanto xunto como separado,o nome dese peixe. Síntoo moito,fixen unha mala edición. Caneburrio (conversa) 11 de maio de 2018 ás 10:35 (UTC)[responder]

Non te preocupes, iso pasounos a todos ó comezo :) O que tes que saber é que as cousas que engadas ós artigos teñen que ser libres (non se pode copiar de libros, webs, etc), e que esas achegas teñen que estar baseadas en referencias fiables e engadilas nos artigos :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de maio de 2018 ás 10:49 (UTC)[responder]

Moitísimas gracias Elisardojm. Saúdos-Caneburrio

"ollo mol" referencia tradutor Glosbe . Buscade no Glosbe a tradución de "besugo" ao galego, e saen as formas ollomol ,ollo mol e o castelanismo "besugo" quizá o de "besugo" sexa por extensión. Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 10:41 (UTC)[responder]

Eu non podo engadir nada porque estou bloqueado por Atobar,pero,se o do tradutor o consideran bo os administradores(supoño que sí,xa que é unha referencia lingüística) pois,a incluir ollo mol á Galipedia. ≤nowiki≥ @Elisardojm:≤nowiki≥ Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 10:52 (UTC)[responder]

Vandalismo[editar a fonte]

A wikipedia non é un xoguete nin se poden tolerar edicións vandálicas. Pensa ben antes de premer no botón de editar, polo demais de quereres axudar no proxecto sempre serás benvido.--HacheDous=0 (conversa) 12 de maio de 2018 ás 14:34 (UTC)[responder]

¿Cál foi a edición vandálica? A da Wikimerda?[editar a fonte]

Pois eso mismiño Caneburrio (conversa) 12 de maio de 2018 ás 17:15 (UTC)[responder]

Este é o último aviso que recibirá para deter as súas edicións destrutivas. Se volve vandalizar a Wikipedia de novo, pode ser bloqueado/a mesmo sen máis avisos. --Chairego apc (conversa) 12 de maio de 2018 ás 18:06 (UTC)[responder]

formas válidas[editar a fonte]

Ola, Caneburrio; cando hai dúas formas válidas para algún termo (aos/ós, -culpable/culpábel, todos os/tódolos...) respéctase a escolla da primeira persoa que edita un artigo. Así, en Caixa Galicia a primeira edición incluía a forma Galiza, polo que se deixa esa variante no artigo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de maio de 2018 ás 17:38 (UTC)[responder]

Lembra que de + O = do, tamén cos topónimos. É do Grove, non de O Grove.
A forma Galiza é correcta. Eu non son nacionalista e úsoa. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de maio de 2018 ás 19:18 (UTC)[responder]

Galiza non[editar a fonte]

Galiza é en portugués. En galego e castelán é Galicia. O de Galiza é unha forma que empregan os nacionalistas galegos para diferenciarse do resto de españois. Caneburrio (conversa) 17 de maio de 2018 ás 18:00 (UTC)[responder]

De O Grove[editar a fonte]

A contracción faise con outras palabras,non con topónimos,por exemplo,dise"son de A Coruña" e non "son da Coruña" aínda que á hora de pronuncialo soa "do Grove " ou "da Guardia" pero non se escriben contraídos,e escríbese primero "de" ou "en" e logo o topónimo (A Coruña,O Grove,A Pobra do Caramiñal,A Guardia/A Guarda,etc)

Caneburrio (conversa) 17 de maio de 2018 ás 19:28 (UTC)[responder]
Ola, Caneburrio. Non sei de onde sacas iso, pero estás errado. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17 de maio de 2018 ás 19:32 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Caneburrio. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 17 de maio de 2018 ás 19:34 (UTC)[responder]

Uy ,uy,uy , pero e que eu non o fago dende ordenador,o fago dende tableta. Non sei se dende unha tableta se pode facer uso ,e se se pode,¿cómo se fai? Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 10:58 (UTC)[responder]

Con "uso" quixen dicir"iso". É cousa do corrector. Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 10:59 (UTC)[responder]

Ola; existe algunha publicación onde se diga que a denominación da castañeta encarnada en galego tamén é dourada vermella? De ser así, poderías incluír esa referencia. Lembra que A Wikipedia non é unha fonte primaria, e non é lugar onde publicar contidos propios.

Evita editar as páxinas de usuario doutras persoas. As páxinas de usuario son particulares.

Como podes ver na definición que dá a Real Academia Galega para coruñés, os topónimos tamén contraen.

Se respondes as mensaxes que che deixan na túa propia páxina de conversa, á persoa que che escribiu non lle chega aviso a menos que a informes. Podes facelo co modelo {{@|}} (por exemplo, para que me chegue aviso, pon {{@|Estevoaei}}. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de maio de 2018 ás 19:37 (UTC)[responder]

A mín ensináronme eso os meus profesores cando estudiaba ,e dicíanme que era un caso aplicado a ambas linguas,o español e o galego. Poderá estar equivocado e será só para o castelán,pero eu aprendinno así,e se estoy equivocado ,pois nunca te acostarás sen saber unha cousa máis(refírome ao de topónimos contracción). Caneburrio (conversa) 17 de maio de 2018 ás 19:38 (UTC)[responder]

Palometa encarnada[editar a fonte]

Non teño fontes ,pero na Coruña(xa aprendín o dos topónimos) chámase dourada vermella. Caneburrio (conversa) 17 de maio de 2018 ás 19:44 (UTC)[responder]

Prégoche que cando acabe o bloqueo de 3 días, regreses con outra actitude e te sumes a editar con xeito. Se tes dúbidas, pregunta. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17 de maio de 2018 ás 19:56 (UTC)[responder]

Bloquear[editar a fonte]

Jo,¿pero xa empezamos con de bloquear ó igual que mo fixeron na Wikipedia en español para corrixir os topónimos castelanizados (La Coruña,Arteijo,Sangenjo) por A Coruña,Ourense ,Viana do Bolo,etc,e non esas aberracións que sexan na Wikimerda(non nesta,que é a Wikipedia de verdad,ó igual que a doutros idiomas ,senón na Wikipedia en castelán,Wikimierda de toda a vida).

Caneburrio (conversa) 17 de maio de 2018 ás 20:03 (UTC)[responder]

Ameixa vermella[editar a fonte]

Ese nome tamén é válido para a ameixa rubia según a páxina Masmar. Busca ESPECIES MASMAR. Caneburrio (conversa) 18 de maio de 2018 ás 18:11 (UTC)[responder]

Boas Caneburrio, engadín o nome de ameixa vermella pero engadindo unha referencia ó Centro de Investigacións Mariñas da Xunta de Galicia. Para achegar información non vale calquera páxina web que atopes, hai que basearse en páxinas de calidade, tes máis información sobre isto en Wikipedia:Fontes fiables. Recoméndoche que revises primeiro esa páxina para saber que referencias escoller. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de maio de 2018 ás 09:19 (UTC)[responder]

Xa,pero logo HacheDous= 0 borrouno,así que non me vale de nada. A ese sí que había que eliminalo por vandalismo e destruir contido. Hache dous O non pode ser administrador. Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 10:26 (UTC)[responder]

¡Viva Elisardojm! Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 10:27 (UTC)[responder]

Ben por aceptar o sinónimo. Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 10:27 (UTC)[responder]

Eliminade a HacheDous=0 por vandalismo e destruir contido. Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 11:02 (UTC)[responder]

Volvede a poner "ameixa vermella" coo sinónimo de ameixa rubia. Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 11:06 (UTC)[responder]

Poñer,o de poner foi o corrector. Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 11:06 (UTC)[responder]

Con "coo" quixen dicir "como" . Puñetero corrector Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 11:07 (UTC)[responder]

Pancho (peixe)[editar a fonte]

¿Por qué me borráchedes a edición Pancho (peixe) cando non dicía nada contrario da realidade? ¿Tería poucos datos? Caneburrio (conversa) 19 de maio de 2018 ás 10:37 (UTC)[responder]

Son as 20:06 e puxéchedes que eu estaba xa desbloqueado ás 19:54 e aínda sigo bloqueado. ¿Cómo se come esto? Caneburrio (conversa) 20 de maio de 2018 ás 18:07 (UTC)[responder]

Por fin hoxe me desbloqueáchedes. ¡Viva a Wikipedia,enciclopedia na que escribe calquera Caneburrio (conversa) 21 de maio de 2018 ás 11:36 (UTC)[responder]

! Caneburrio (conversa) 21 de maio de 2018 ás 11:36 (UTC)[responder]

Edición[editar a fonte]

Ola, Caneburrio. Por favor, non crees novos artigos. Non bastan unha ou dúas liñas de contido e tampouco se trata de afirmar o que a un lle parece nin achegar referencias que non son tal. Le o manual de edición e aprende a editar en corcondancia co que vén sendo un formato e un ton enciclopédicos. E se che quedan dúbidas, pregunta antes de facer nada. Por outra banda, se obvias esta ou outras mensaxes debes saber que, por reiteración, supón un motivo de bloqueo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21 de maio de 2018 ás 11:54 (UTC)[responder]

Graciñas,así non fago ningunha,pero, ¿podo pedir que fagades vós as entradas que eu quixen engadir á Galipedia? Caneburrio (conversa) 21 de maio de 2018 ás 11:57 (UTC)[responder]

Ola, Caneburrio. Fuches bloqueado, desta vez por espazo de dúas semanas. Oxalá cando regreses sexa por fin con outra actitude, disposto a aprender e colaborar nas mesmas condicións ca os demais. Un saúdo cordial. --Atobar (conversa comigo) 21 de maio de 2018 ás 14:48 (UTC)[responder]

Edición[editar a fonte]

Boas Caneburrio, xa che dixen que non se deben achegar contidos que non estean correctamente referenciados. A maiores, se alguén desfai algunha das túas edicións non podes desfacer ese cambio porque o único que se consegue é provocar unha Wikipedia:Guerra de edicións que non leva a nada. O que debes facer neses casos é comentar na páxina de conversa do artigo o problema que hai, ou contactar co editor que reverteu a edición para saber a razón. Pero o primeiro que debes facer antes de volver a editar, é buscar fontes fiables nas que basear as achegas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2018 ás 16:33 (UTC)[responder]