Saltar ao contido

Conversa usuario:Anxova

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Anxova!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

  • Vaites, ti con ligazóns?. Mira por onde!!!, haberá que voltar a darlle o folclore galego por parte de Café-Olee. Saudos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 23:04, 7 novembro 2006 (UTC)

Ola vin a imaxe que acabas de subir, semella un cadro fermoso, pero carece dos datos necesarios para que permaneza na Galipedia. Podes engadir eses datos, editando a imaxe e usando esta caixa:

Descrición

Pon a descrición

Orixe

Especifica a orixe

Data

Pon a data

Autor

Pon o autor

Licenza
(Reuso deste ficheiro)

A licenza

Outras versións Outras versións

Do mesmo xeito, tamén tes que darlle unha licenza. Se a imaxe e a obra son túas non habería problema. Se a imaxe ou a obra son obra dun terceiro necesitarías o consentemento expreso do autor e para iso necesitarías un documento como este Commons:Modelos de mensaxes. Un saúdo e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 11:11, 24 setembro 2007 (UTC)

Grazas. Pareceume un pouco lioso ao principio, pero finalmente achei a maneira. De todos xeitos aínda non me aclaro coas diferentes licenzas, pregúntome se é posíbel a licenza Cc-by-2.5-es, que obriga a mencionar ao autor, na Galipedia. De todos xeitos vexo que sodes especialmente coidadosos con este tema, iso non estila ser así na Inciclopedia, que foi onde me estreei con isto dos wikis. --Anxova 09:23, 25 setembro 2007 (UTC)

RE:Imaxe[editar a fonte]

RE:O uso da licenza Cc-by-2.5-es é posible. De feito todas as licenzas compatibles coa Galipedia obrigan a mencionar ao autor da imaxe. Grazas por incorporar os datos necesarios (ao principio si que é lioso si, pero necesario para respetar os dereitos de autor) e parabéns polo traballo. Espero verte a miúdo por aquí, hai moito que facer relacionado con pintura e con moitas outras cousas máis. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 10:01, 25 setembro 2007 (UTC)

Problema coas imaxes[editar a fonte]

Ola Anxova. Grazas por subires imaxes. A orixe da imaxe Imaxe:Anxovacm.jpg non é válida: http://www.escolaaberta.com/anxo/nov/3.htm . Supoño que se debe a que a páxina está en reconstrución. Lembra, por favor, incorporar a orixe. Hai tamén outra alternativa, que indiques, se o cadro é pintado por ti, ese feito como orixe na Galipedia. O problema que isto traería é que cada vez que usases a imaxe terías que nomear a Galipedia. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:28, 1 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas polo aviso. Xa cambiei a ligazón. --Anxova 01:22, 23 setembro 2008 (UTC)

Problemas coas imaxes[editar a fonte]

Ola, Anxova. Existen algúns problemas con imaxes que ti subiches:

  • Imaxe:Anxovacm.jpg. Aparentemente este é un cadro que pintaches ti mesmo. Nas fotografías dos cadros inflúen dúas variables: a) o autor do cadro e b) o autor da fotografía. De ser así, terías que explicitar claramente que ti, como pintor e mais como fotógrafo, cedes os dereitos baixo unha determinada licenza compatible coa Wikipedia. Agora esa licenza está posta, pero non está dito que ti sexas o autor do cadro. Deberías completar esa licenza, porque do contrario podería ser borrada.
  • Ficheiro:Logo hartismo.jpg. Como calquera logo, está suxeito ao © se non se especifica o contrario. Debería estar claro que os autores licenciaron esa imaxe de xeito compatible coa wikipedia. Se non completas a licenza, será borrada. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 22:21, 27 maio 2009 (UTC)

Ola, Xabier, teño un problema, non sei como indicar a miña autoría. Son autor tanto do cadro, como da foto e do logotipo. De feito eu quería que todo o contido da web www.hartismo.com sexa segundo a licenza CC-by-sa-2.5-es, é dicir, de uso libre pero sempre que se mencione a autoría. Pero xa che digo, non sei como hai que facelo.--Anxova 09:18, 28 maio 2009 (UTC)

Ola, Anxova. Estiven liado estes días. Respondereiche nas próximas horas. Sinto o retraso.--Xabier Cid Conversa 06:27, 1 xuño 2009 (UTC)

Ola, Anxova. Andei (e ando) moi moi liado. Vou por partes:

  • Bótalle un ollo a Wikipedia:Como doar materiais.
  • Terías que escribir un correo na lingua en que te sintas cómodo (en galego non pode ser —de momento—) á Fundación Wikimedia. Nese correo terías que indicar claramente eses catro puntos: obras exactas que cedes (e mais a súa ligazón), recoñecer que ti es o propietario de todos os dereitos, a data e o tipo de licenza que escolles. Sería estupendo que mandases un só correo con todas.
  • Para calquera axuda que necesites, conta comigo. Prégoche que me mandes un correo electrónico, porque nestes días non podo visitar moito a páxina, e serei o máis rápido que poida.
  • Posteriormente hai que marcar esas imaxes donadas para que quede constancia de que existe un correo detrás que avala esa doazón.
  • Aínda que para a Fundación Wikimedia non faría falla, é necesario que indiques que es o propietario non só dos dereitos do cadro, senón tamén da fotografía que se lle tirou ao cadro.

E nada máis. Calquera cousa que necesites, só tes que avisarme. --Xabier Cid Conversa 11:31, 8 xuño 2009 (UTC)

Debate Hartismo[editar a fonte]

  • Bo día, Anxova. Hai aberto un debate sobre o acaído de borrar o artigo Hartismo. Telo e aquí e sen dúbida seria bo que opinases. Canto antes, mellor, claro. Vouche mandar un e-mail dicíndoche isto mesmo, para asegurar que chega o aviso. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:26, 4 marzo 2010 (UTC)
Vexo que non tes habilitado o correo. Pois nada, hai o qu hai. --Atobar (conversa comigo) 11:28, 4 marzo 2010 (UTC)
En realidade os artigos cuestionados son máis. Carmen Martín Serantes, Mariano Casas Gil... --HombreDHojalata conversa 11:55, 4 marzo 2010 (UTC).

Noraboa!!![editar a fonte]

[1]

--HombreDHojalata conversa 19:46, 29 marzo 2010 (UTC)

  • Grazas (admiro a túa sutileza ;)). Saúdos. --Anxova 19:50, 29 marzo 2010 (UTC)