Carmen Martín Serantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmen Martín Serantes
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Winterthur, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngravadora , pintora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Pareja de pies (da serie "Pés"), 2007, acrílico sobre táboa, 61x99 cm

Carmen Martín Serantes, nada en Winterthur (Suíza) en 1971, é unha pintora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundadora e directora da Escola Aberta de Arte de Ferrol, é unha pintora e gravadora expresionista. Estudou Belas Artes en Pontevedra, onde foi alumna de Rafael Úbeda Piñeiro e Marina Núñez entre outros, e en Barcelona, onde estudou gravado e pintura, licenciándose nesta última especialidade no ano 1997.

Carmen Martín está casada co tamén artista Miguel-Anxo Varela e ten tres fillos froito dese matrimonio. Reside en Ferrol.

Ten exposto en Els Quatre Gats, Galería Punt Jota Art, Galería Fenicia, en Barcelona ou o Gran Hotel de Sitges durante a súa estadía en Cataluña. En Galicia ten exposto no Teatro Principal de Pontevedra, no Centro Cultural Torrente Ballester, na Galería Sargadelos (Ferrol), Círculo Mercantil de Marín, na gran sala de exposicións do Concello de Ortigueira, Galería Arte-Imagen, Hotel Meliá-María Pita (A Coruña) ou no Liceo de Noia.

Acadou diversos premios como o primeiro premio en dúas edicións consecutivas (2007 e 2008) do Certame Pérez Rebón de Ares e o primeiro premio tamén no Certame Bello Piñeiro de Mugardos no ano 2008.

Pintura en Acción[editar | editar a fonte]

Desde 2007 emprendeu un proxecto consistente en maratóns artísticos de 12 horas seguidas pintando en diferentes lugares para reivindicar a pintura como arte viva, actual, e levala á xente, máis tamén para protestar pola dificultade dos pintores menores de 50 anos para achar lugares onde expoñer. En 2008 Martín levou simultaneamente dous ciclos de Pintura en Acción. Un tivo por obxecto o concello de Narón, e outro saíu fóra da bisbarra ferrolá, visitando lugares de toda Galicia e mesmo a localidade de Vic en Cataluña. No 2009 o ciclo de Pintura en Acción desenvolveuse integramente na cidade da Coruña, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Coruña. O nome do proxecto/ciclo é Pintura en Acción en referencia tanto á actividade que desenvolve nas xornadas como ironicamente á pintura en acción ou Action Painting de Jackson Pollock.

Pintura mural[editar | editar a fonte]

Unha das especialidades da artista é a pintura mural. Destacan as súas pinturas para a Igrexa de San Fernando en Santiago de Compostela e mais un mural para a biblioteca do colexio CEIP "Recimil" de Ferrol chamado "A Biblioteca Máxica".

Participación do público[editar | editar a fonte]

Unha das constantes do seu facer é achegar a arte ao público, polo que adoita pintar diante de xente (Pintura en Acción) ou organizar xogos e concursos participativos nas súas exposicións e/ou a través do seu blog.

Hartismo[editar | editar a fonte]

Carmen Martín é parte dunha xeración de artistas que estudaron nos primeiros anos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e que rexeitan o tipo de arte normalmente chamada arte contemporánea, e simpatizan co "stuckism" inglés. Carmen Martín é co-fundadora do movemento artístico Hartismo xurdido en Galicia en 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]