Conversa usuario:Alyssalover/Arquivo 2

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mapas dos concellos (II)[editar a fonte]

Excepcional traballo o que fixeches, xa te avisarei se atopo algún problema cos nomes. Sobre o de engadir a bandeira pode facerse xunto ao escudo, de todos os xeitos penso que é mellor esperar a telas imaxes (creo que non todos os concellos teñen bandeira, estou no certo?).
En canto o de facer maís mapas pode ser interesante sempre que non che de moito traballo. Moitas felicitacións. Saúdos. --Prevert(talk) 19:19, 29 Xan 2005 (UTC)

  • Supoño que serán Independentes de Agolada. Non queda outro remedio que poñelo en outros porque se non teríamos que engadir unha chea de liñas cos diferentes partidos independentes dos distintos concellos. Creo que pasará iso en máis concellos e non se me ocorre unha solución mellor e a vez sinxela. (Outra sobre mapas: quizais se poda facer maís adiante un mapa, para poñer en Galicia-Galiza, resaltando as sete cidades de Galicia e as 12 vilas máis poboadas noutra cor). Saúdos. --Prevert(talk) 19:31, 29 Xan 2005 (UTC)
  • A suxerencia era para cando pase certo tempo, non te preocupes por iso, hai moito por facer noutras cousas. Sinto que che "cascara" o ordenador será de tanto traballar :-) viralle ben un descanso (ao ordenador e o dono). Saúdos. --Prevert(talk) 19:48, 29 Xan 2005 (UTC)

Datos dos concellos[editar a fonte]

Non sei se viches Wikipedia:Concello info aí fun poñendo ligazóns a fontes de datos, no caso dos datos de orzamentos están en: Consello de Contas - Entidades Locais 2000. Os concellos aparecen segundo tramos de poboación, eu fago unha búsqueda do nome do concello e vou á parte correspondente do documento. Algúns concellos non presentan os datos, outros só presentan parte e están en pesetas.

Sobre o número de entidades de poboación, eu non puxen o dato, creo telo visto nalgún sitio pero non me lembro. En canto a altitude máxima e mínima, a máxima pode atoparse en páxinas soltas na rede ou en publicacións en papel. En canto á mínima xa dicía nunha mensaxe que salvo nos concellos costeiros será difícil de conseguir.

Para poñer a sinatura: nas preferencias vas ao campo O seu alcume (para sinaturas) e escribes por exemplo isto: [[User:Alyssalover|Alyssalover]]<sup>[[User talk:Alyssalover|(talk)]]</sup>, e marcas Raw signatures (without automatic link), porque se non marcas iso a sinatura colle directamente como unha ligazón todo o que escribas na caixa de alcume. Hai outras posibilidades de sinaturas, algúns inclúen imaxes e/ou outros datos, eu penso que o importante e que sexa corta e que envie directamente á páxina de discusión. Saúdos. --Prevert(talk) 10:28, 30 Xan 2005 (UTC)

Escudo[editar a fonte]

  • grazar por colocar o escudo de Baleira. Pero estiven apreciando que ten un tamaño excesivo dentro do cadro de concello info. seria ideal que tivese o tamaño do de Abadin ¿no que parece?--Xelo2004 14:17, 31 Xan 2005 (UTC)
  • E ven sinxelo, fixen a suma (e posterior contraste) de catro paxinas; a primeira el o Nomenclator do IGE (da cal estraigo o numero de habitantes); http://www.ige.xunta.es/ga/home.htm -en poboacion -padrón e nomenclator;

segundo: http://www.xunta.es/nomenclator/busca.jsp (aqui busco pois hai aldeas que non figuran na anterior ademais de darme o nome do concello tal e como é); terceiro: http://www.crtvg.es/concellos/entrada_concellos.htm (aqui contrasto e de paso me da a latitude e lonxitude entre outros datos de moi bo interese), e por ultimo http://www.ibercultura.com/Provincias/Lugo/ (aqui dache todas as aldeas ou poboaciones xuntas; é a que me ofrece o cotexo real con relacion as outras; pode variar algo pero é mellor tirar a alza). CONSELLOS: Na do IGE, podes descarga-la paxina web e despois importa-la cunha folla de calculo (exemplo: excell) irache mais deprisa; teño observado que a veces teñen erros (comense ou saltanse algun ou incluso ate 2 numeros). Das outras duas seguntes; contar entidade por entidade. da ultima: contar todo pero descartando os concellos (aparecen entre parentese). Soa a moito barullo, pero no fondo non é tanto. Recorda: dende que haias leido esta informacion, borra esta mensaxe (mais que nada polas paxinas web) pois a ningen lle interesa os que se esta a falar. Por certo, fixen unhas pequeniñas reformas nas tuas efemérides durante as navidades ¿que che pareceu?. un saudo--Xelo2004 16:43, 31 Xan 2005 (UTC)

  • Nos concellos de Lugo falta: Situacion Vilalba, Lugo.PNG . Saúdos. --Prevert(talk) 22:00, 31 Xan 2005 (UTC)
    • Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:49, 31 Xan 2005 (UTC)

Creo que habería que retirar a información e fotos das parroquias do artigo Vigo e trasladalo as parroquias de Vigo. Tal como está a páxina perde funcionalidade. Que che parece? Saúdos. --Prevert(talk) 20:07, 2 Feb 2005 (UTC)

Ok, parece que se nos ocorren as mesmas cousas :-) Saúdos. --Prevert(talk) 20:15, 2 Feb 2005 (UTC)

Eleccións municipais 2003[editar a fonte]

Paréceme ben, o único que o título non me convence quizais Eleccións municipais 2003 en Galicia ou algo parecido. Con respecto a distribución de votos (as porcentaxes totais) se cadra podiamos mirar de facer un gráfico no estilo de http://members.chello.nl/epzachte/Wikipedia/EasyTimeline/Introduction.htm (máis adiante, primeiro hai que aprender o funcionamento). Da a impresión de que tiveches que traballar bastante para recoller os datos e facelo mapa. Vexoo moi ben. Saúdos. --Prevert(talk) 15:54, 10 Feb 2005 (UTC)

  • Eu fixen algunhas probas con algún tipo de gráfico pero non funcionaron como queria e tampouco atopei ata agora un artigo apropiado para poñelo, cando teña un pouco maís de tempo farei algún ensaio co teu artigo. O que vou facer tamén e variar Concello info e enlazar aos artigos de partidos que fixeches. saúdos. --Prevert(talk) 16:51, 10 Feb 2005 (UTC)
  • Xa que puxeches como enlace os alcaldes na páxina de Eleccións Municipais 2003 en Galicia penso que poderiamos poñer un par de liñas en cada alcalde do estilo: Nado en nome do pobo en 19??, alcalde de nome do pobo entre os anos os que sexan polo partido xx.. E algunha cousa en véxase támen. Saúdos. --Prevert(talk) 18:15, 10 Feb 2005 (UTC)

Romanización do xaponés[editar a fonte]

  • En realidade, puxen o Hepburn por estar na wikipedia en inglés,e polos datos que eu teño, que poderían estar errados, aínda que o sistema oficial en Xapón é o Kunrei-shiki (adoptado polo ministerio de educación) ademais de estar recoñecido polo ISO, pero fóra do Xapón case non ten uso agás algúns lingüístas, e no mesmo Xapón o sistema Hepburn está suplantando ao Kenrei-shiki (mesmo signos oficiais: rúas, avisos, publicacións dos ministerios...romanínzanse en Hepburn), o que non quere dicir que non se deban dar as táboas doutros sistemas. Se o podes facer ti paréceme perfecto que o fagas.

Evidentemente eu non son un experto, e os meus datos poderían estar desfasados, e tampouco sei cal é o sistema de romanización máis empregado en España.--Rocastelo 17:57, 1 Mar 2005 (UTC)

Vexo que tes interese polos alfabetos, fixen tamén un artigo sobre o alfabeto cirílico, practicamente só coloquei o alfabeto, se o podes ampliar quedaría máis útil, saúdos--Rocastelo 18:44, 1 Mar 2005 (UTC)

  • Vin a ampliación que fixeches ao alfabeto cirílico, penso que ese artigo ten que ser xeral a todos as linguas que empregan o alfabeto cirílico , e o que comentas da eliminación de letras en 1918 só afectou ao alfabeto ruso e iso tería que estar no alfabeto cirílico ruso, saúdos. --Rocastelo 18:19, 6 Mar 2005 (UTC).

Maiúsculas[editar a fonte]

As regras das maiúsculas non son moi coñecidas, xeralmente empregamos a do castelán, eu coñecinas por un curso de linguaxe administrativa que fixen xa hai tempo, e son as utilizadas no DOGA e a que se intenta que se empregue na administración galega, aínda que polo de agora predominan as regras do castelán neste e noutros casos.Na biblioteca virtual galega podes ver o exemplo--Rocastelo 23:36, 11 Mar 2005 (UTC)

Eu tamén pensaba iso, de feito lérao en varios traballos de sociolingüística europea, as dúbidas empezaron ao botar unha ollada á páxina web da capital de Frisia só en holandés, e onde a única forma que aparece é a holandesa, non quere dicir nada podería ser un caso como o da Coruña, que negue a oficialidade da toponimia, saúdos.--Rocastelo 16:52, 29 Mar 2005 (UTC)

Fonética vs. Fonoloxía[editar a fonte]

Perdoa que me meta cando a pergunta non ia dirixida a min, pero eu redactei os artigos sobre Fonética e Fonoloxía. A resposta á pergunta é Fonética, en concreto fonética articulatoria. Sen embargo, onde atopaches o termo "iotización"? Gustaria-me cotexar a fonte porque o fenómeno penso que se chama realmente "iotacismo". Xosé(Falarlle) 13:33, 1 Abr 2005 (UTC)

  • Non podo falar, non coñezo as linguas eslavas (só algun insulto :-)). Sen embargo, ao ler o artigo en inglés vexo que hai un problema na versión en galego: descrebe-se como un tipo de palatización (por certo, os fenómenos articulatorios "dan-se", "teñen lugar", "acontecen", pero non se "empregan") das linguas eslavas pero logo poñen-se exemplos de duas linguas que non o son (inglés, xermánica e español latina) e entón non queda claro a que se refire. A versión inglesa ten a culpa porque non explica claramente que o do inglés e o español é "para que se entenda" porque a palatalización dá-se en calquer idioma (é simplemente producir un son pero fechando a boca subindo a lingua: como o /i/ se produce coa lingua o máis arriba que se pode, ao lado do paladar, por iso se chama palatalización). Pero non podo comentar máis sobre este fenómeno. Sobre o iotacismo si porque é algo que se explica sempre sobre a história do grego. Sobre o termo "iotización", se vas a google verás cousas que nada teñen que ver coa lingüística (igual che interesan a ti), ou sexa que a palabra a utilizar seria outra, eu creo. Xa che digo que non a coñezo, ou sexa que case mellor borrar e esperar a que veña alguén que si coñeza este fenómeno ou a que encontremos unha fonte máis on de contrastar. Xosé(Falarlle) 21:35, 1 Abr 2005 (UTC)

Corroboro o que di Xose, tamen no subcampo F. ARTICULATORIA. Igual que a el, tamen me sorprende "iotizacion", eu nunca o vin, pero podo supoñer que resulte ser un sinonimo de "palatalizacion". Por iso mesmo non creo que sexa sinonimo de "iotacismo". As duas palabras estan formadas con "iota" (letra grega), pero o segundo termo parece ter o mesmo mecanismo de formacion que "rotacismo" ou "betacismo": "ro"/"iota" (letras gregas) + "-tacismo" (proceso de tendencia a un punto de articulacion fonetico). O caso de "iotizacion" dame a impresion de que sera un fenomeno mais ben psicolinguistico e individual: parece refirirse a alguen cun "defecto" cando fala, que palataliza moitas palabras e que "fala co i". En Galicia estase dando o fenomeno contrario: "despalatalizacion" do "X".

Perdon por escribir sen tiles, pero o meu PC onde estou agora non pode. Saudos e noraboa polo traballo.

--Sobreira 18:31, 1 Abr 2005 (UTC)

Comenteino cun profesor. Lembroume que en galego se diría iodización, xa que se interpreta coma baseado no iode. Iodización e palatalización non son iguais, nin tampouco un está contido dentro do outro

--Sobreira 13:29, 4 Abr 2005 (UTC)

N'hai de que. Por algo me chamo ANDOcategorizANDO.

Título de ligazón

Cronoloxía[editar a fonte]

Non a fixen eu, copieina literalmente da que fixo Erik Zachte. Queria ver como funcionaba e primeiro traer á Galipedia algunhas que están feitas e logo pasar ás nosas. Polo tanto, os nomes dos presidentes están como na versión en inglés. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:21, 8 Abr 2005 (UTC) Engadido: Podemos facer unha para os presidentes galegos. Saúdos. --Prevert(talk) 11:25, 8 Abr 2005 (UTC)

  • Moi bo traballo. As miñas máis sentidas felicitacións. Por certo, interesaríame coñecer os outros que citabas na taberna, aínda que non vaian na cronoloxía ou vaian nunha aparte. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:49, 9 Abr 2005 (UTC)
  • Grazas. Outra cousa se pos o timeline dentro de <div style="text-align:right; float:right; margin-left:5px; margin-right:5px"> podes orientalo con respecto ao texto. Saúdos. --Prevert(talk) 10:25, 9 Abr 2005 (UTC)
  • Outro dato sobre os timeline, pódese introducir un texto no gráfico co seguinte código: TextData= pos:(140,310) text:"Produción de limóns e limas en 2004.", as coordenados do texto dependen de pos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:29, 9 Abr 2005 (UTC)

Saludos desde es:Wikipedia. Las listas están llamadas a desaparecer porque se crean las categorías que enlazan con las páginas. Las listas nuevas se borran en el acto. Saludos, Lourdes Cardenal

Entradas por letra[editar a fonte]

Penso que o sentido desas páxinas está relacionado co comezo da Galipedia. Cando habia poucas entradas era un bo xeito de organizar o material. Agora é un vestixio daquela época, porque o software MediaWiki permite acceder á clasificación alfabética automaticamente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:44, 9 Abr 2005 (UTC)

  • Sobre o índice alfabético, penso que se a algún colaborador lle resulta máis cómodo facelo así non hai problema. En canto ao mapa, serían os concellos das sete cidades e os trece concellos máis poboados (aqules que teñen máis de 20.000 habitantes. Ames acaba de incorporarse con 20.840). Son: Ames, Arteixo, Cangas, Carballo, Culleredo, A Estrada, Lalín, Marín, Narón, Oleiros, Redondela, Ribeira e Vilagarcía de Arousa. O nome podería ser algo parecido a: Concellos máis poboados de Galicia (ou Galiza, como querias poñerlle) ou Distribución de poboación en Galicia -concellos máis poboados-. Indicando en dúas cores diferentes os concellos aos que pertencen as sete cidades e os concellos con máis de 20.000 habitantes (son dúas categorías diferentes porque máis de 20.000 habitantes son os que hai en todo o concello, non no núcleo principal). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:18, 10 Abr 2005 (UTC)
  • Gústame. Como sempre fixeches un bo traballo. Creo que pode ir en Administración do territorio, aínda que tamén en Xeografía ou noutros que citas, pero eu poñería agora no primeiro porque hai moito espazo baleiro á dereita. Supoño que máis adiante haberá que comezar un artigo independente que analice a evolución da poboación e a distribución territorial. O que sí vexo necesario e indicar dalgún xeito cales son os concellos das cores, ben sexa mediante números e despois nun texto fora do mapa ou no propio mapa. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:14, 10 Abr 2005 (UTC) Engadido: aínda que chegues a facer o que comento non borres o mapa que xa cargaches, creo que sigue sendo útil no contexto dunha análise xeral da distribución territorial da poboación nun novo artigo. Saúdos. --Prevert(talk) 12:29, 10 Abr 2005 (UTC)
  • Moi bo. En canto ao encargo de mapas novos xa se me ocurrirá algo ;-) Saúdos. --Prevert(talk) 14:06, 10 Abr 2005 (UTC)

Con tal de que apareza (para cumplir cós dereito de copia), paréceme ben. Teño que traduci-lo texto de Congreso dos deputados, pero xa podes ir poñendo (se é que o ías facer) un gráfico ou darlle formato. Un saúdo--Adalbertofrenesi(talk) 11:07, 11 Abr 2005 (UTC)

Gráficos estilo Erik Zachte[editar a fonte]

Se podes cada vez que crees un gráfico ben sexa cronoloxía ou estatística, pon unha ligazón nunha das páxinas: User:Prevert/cronoloxías, User:Prevert/estatísticas. É un método para facer un seguimento dese tipo de gráficos, que nas páxinas que xenera MediaWiki non se diferencian dos templates. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:45, 11 Abr 2005 (UTC)

As siglas non se acentúan, Xosé dixit[editar a fonte]

Encanta-me que me citen como autoridade :-=)

Acabo de consultar as normas ortográficas (hai unha copia en pdf en http://onosolar.net/textos/lingua/NormativaOnL.pdf) e hai unha mención no punto 4. ás siglas. Se ben non se fai constar o que eu che comentei, si poderás ver que as abreviaturas que aparecen como exemplo levan un punto e as siglas non. A razón é clara: nen siglas nen abreviaturas son "palabras" "reais" (mellor non entro máis en materia), pero mentres que as siglas len-se, ora letra a letra, ora como palabras reais, as abreviaturas hai-nas que completar co final da palabra que lles falta. Alguén que lea unha sigla sen coñecela pode-o facer sen saber a que se refire, pero non unha abreviatura: se non coñeces a palabra á que se refire, non se pode reconstruir.

O punto, polo tanto, significa que "falta algo" na abreviatura e que non a hai que confundir cunha palabra "real", pero nas siglas xa se dá por suposto. Xosé(Falarlle) 13:38, 12 Abr 2005 (UTC)

Mapa concellos menos poboados[editar a fonte]

Está moi así, eu incluso tería posto menos concellos. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:52, 25 Abr 2005 (UTC)

Benvido Alybot. Vaia chegou a febre dos bots á Galipedia! ;-). Eu xa fixera probas hai meses pero non funcionaba ben. Cando apareceu XoseBot recuperei aquelos intentos e esta vez funcionou. O único é que haberá que pasalos bots poucas veces para que non saturen o wiki, e ter coidado que non apareza un vándalo que faga "estropicios". Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:16, 1 maio 2005 (UTC)

  • Tes razón co do rexistro, parece boa idea. Sobre o do tempo de espera do bot tamén é certo, eu referíame ao feito de que estean funcionando varios á vez ou que aparezan novos bots. Cos que temos agora xa é suficiente, e supoño que o mellor momento para cambios masivos é no fin de semana ou nos festivos. Por outra parte, cando haxa tempo haberá que traducir as mensaxes do robot que aparecen nos cambios recentes ao galego. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:37, 1 maio 2005 (UTC)
  • Antes de comprender ben que era isto dos bots pensei que se lles daba autorización a bots concretos, pero resulta que a quen se lles dá autorización e a usuarios concretos, que poden utilizar bots distintos. Cando fixen a mudanza de Festas -> Festas a celebracións onte, observei como se enchia axiña os "Cambios recentes". Como estaba a proceder mes a mes, tomaba un pequeno descanso entre mes a mes e nalgun caso aproveitei para redactar algun outro artigo e evitar asi a saturación. Agora as miñas propostas:
    • Importaria-vos, se ides solicitar a aprobación dos vosos bots, que vos acompañe?
    • Que vos parece se ilustramos o uso que facemos de cada bot na sua páxina de discusión para asi poder ir aprendendo entre todos (como fixen en User talk:XoseBot? Xosé(Falarlle) 13:49, 1 maio 2005 (UTC)
  • Paréceme ben. Supoño que xa coñeces as ligazóns, non obstante para evitarche traballo aquí van m:Stewards, en:User:Andre Engels tense pasado por esta wikipedia, e con en:User:Angela lembro que Aricum ten contactado. Interwiki.py xa o probei onte, de todos os xeitos se cadra hai algunha diferenza entre o que fai un ou outro. Por exemplo a mín non me funciona en Replace.py a opción que actúa sobre unha categoría completa como a Xosé. Pero mellor por correo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:01, 1 maio 2005 (UTC)
  • De acordo. Elimino a sección de explicación do bot (ainda que non entendo ben por que, pero confio en vós) e agradezo-che que me inclúas na petición. Polo que teño visto nalgunha destas solicitudes, remiten a unha páxina da enciclopedia particular na que a comunidade acepta explicitamente a petición. Talvez podamos levar o tema á Taberna. Xosé(Falarlle) 15:07, 1 maio 2005 (UTC)
  • Se abres os arquivos .py cos que esteas traballando co wordpad verás unhas liñas no medio do código que poñen en varios idiomas (en,de,es,..) as mensaxes que aparecen en resumo. Eu fixen algunhas probas (engadindo unha liña para o galego) e despois de gardar producíase un erro co funcionamento do script, paréceme que era debido ao formato usado ao gardar, pero non tiven tempo para facer máis ensaios. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:37, 1 maio 2005 (UTC)
  • Xa supoñia que funcionaba, como dicía na mensaxe anterior creo que no meu caso o problema tiña que ver co formato ao gardar. Probarei outra vez cando teña tempo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:30, 2 maio 2005 (UTC)
  • Probarei con Idle. Saúdos. --Prevert(talk) 12:48, 2 maio 2005 (UTC)

Hello. Alybot, XoseBot, and Prebot are now marked as bots on this wiki. If you ever need these flags removed, just ask at meta:Requests for permissions. Angela 12:15, 5 maio 2005 (UTC)

  • Estupendo. Grazas. Sorprende-me tanta celeridade. Por aí parece-me ter visto que se costuma esperar unha semana, pero supoño que se trata doutras wikis con máis problemas. Un saúdo. Xosé(Contacto) 22:19, 5 maio 2005 (UTC)

Osvobodilna fronta[editar a fonte]

En Google. Como o esloveno este foi tan amábel como para facernos a sección de festividades decidin completar un pouco máis a páxina sobre Eslovenia e aproveitar que anda por aqui. Sobre OF só hai artigos na wikipedia eslovena, así que fun a google. Non entrei en nengunha páxina en concreto, simplemente fun percorrendo os resultados a ver se habia algun nun idioma que eu entenda, pero non foi asi. Observei, sen embargo, que vários dos resultados estaban en alemán. Xosé(Contacto) 16:34, 13 maio 2005 (UTC)

Coido que xa rematei coa parte grosa. Estaba en portugués. Se ainda ves algun problema grave, dimo. Un saudo.--Xosel 20:12, 14 maio 2005 (UTC)

Wikiquote[editar a fonte]

Penso que no wikiquote deberíanse crear dous marcadores un para o inglés e outro para o galego ( o galego polo de agora está case valeiro, de feito eu fixen hoxe algo sobre Lincoln e atopeino sen entradas) e mentres non teña entradas non será de utilidade--Rocastelo 20:33, 14 maio 2005 (UTC)

  • Os marcadores xa antes os revisara eu pero esquecín de o comentar na Taberna.--Rocastelo 20:40, 14 maio 2005 (UTC)
  • Si iso era xusto ao que me refería, polo de agora supoño que ese será o que máis se poñerá ata que a wikiquote en galego comece a ter material.--Rocastelo 20:56, 14 maio 2005 (UTC)

Wikisource[editar a fonte]

Xa está arranxado. Chamoume a atención que non dixese nada de Além, cando tampouco está rexistrado... ¿será que non lle gustou o meu nick? A verdade é que non entendo cal é a diferenza entre rexistrarse na Wikisource ou referenciar á Galipedia. De tódolos xeitos xa me rexistrei e volvín votar. Grazas polo aviso. Un saúdo --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 21:33, 16 maio 2005 (UTC)

Vilas galegas[editar a fonte]

Non creo que se deba borrar a categoría Vilas galegas, por agora só estaba O Milladoiro, Biduído, Ames, pero nela deben ir todas as localidades maiores que aldeas e menores que cidades. En xeral as capitais dos concellos. Se tiña pouco material era porque aínda non comezaramos con iso e porque nun principio se clasificaran os concellos por erro nela. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:46, 22 maio 2005 (UTC)

  • Penso que sí é útil porque permite organizar mellor segundo poboación aquelas localidades que están entre o tamaño da aldea e o da cidade (50.000 habitantes). Por exemplo: O Milladoiro, Biduído, Ames tería que estar clasificado como: Ames | Vilas galegas dun xeito parecido a Santiago de Compostela que está como Concellos galegos | Cidades galegas . O que pasa é que non tiñamos aínda preparados os artigos para introducir en Vilas galegas. Propoño recuperala. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:34, 22 maio 2005 (UTC)
  • Ningunha molestia. Xa sabes que eu sempre estou de acordo co que fas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:54, 22 maio 2005 (UTC)
  • Acabo de ver que o "culpable" do erro fun eu por non retirar o aviso que deixei na categoría. Desculpas. --Prevert(talk) 14:54, 22 maio 2005 (UTC)

Modelo logos[editar a fonte]

Non o temos, todos os dispoñibles neste momento son os que aparecen enWikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:09, 24 Xuñ 2005 (UTC)

  • Non creo que a wikipedia española sirva de exemplo sobre o que se pode facer. Hai algunhas cousas que non teñen nada claras, ata o punto que non admiten unha reproducción dun cadro pintado hai séculos porque se preguntan quen fixo a fotografía dese cadro. Nós non falamos nada sobre iso e habería que falalo, persoalmente penso que se o marcador está ben redactado e indica que é unha imaxe con dereitos que está publicada a efectos de ilustración e non pode usarse por terceiros libremente non debería haber problema. Hai unha serie de imaxes que poden publicarse nesas condicións e faíse todos os días nas publicacións periódicas. En todo caso sería mellor que chegasemos a unha decisión colectiva. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:55, 25 Xuñ 2005 (UTC)

Ola, Mahmud Ahmadineyad non será presidente ata agosto, polo de agora só é presidente electo, é mellor que ata agosto non se poña na caixa de datos, ou facer como na wiki inglesa que o puxeron como presidente electo, sen retirar ao presidente en funcións,saúdos.--Rocastelo 14:57, 26 Xuñ 2005 (UTC)

Penso que tes razón, de feito non foi moi consecuente, outros nomes deixeinos en inglés, supoño que foron as presas, aínda que se non lembro mal a TVG si emitiu algunha serie (non sei se de debuxos ou con actores) pero eu non sei como a dobraban. En calquera caso eu son partidario de deixalo en inglés, se non hai tradución coñecida para o galego (do que non son partidario é de poñer os seus nomes en castelán), por certo se podes completar a caixa (sobre todo nos parentes) faríasme un favor, saúdos.--Rocastelo 17:05, 26 Xuñ 2005 (UTC)


Neste personaxe temos un problema, ou ben mantemos lobezno (que é palabra castelán), ou ben mantemos a forma inglesa orixinal, ou ben a forma galega lobeto ou lobato. Ti que opinas?--Rocastelo 18:14, 26 Xuñ 2005 (UTC)

Nomes orixinais[editar a fonte]

Estou de acordo en marter os nomes orixinais dos personaxes de cómic (aínda que podería haber excepcións) no título do artigo, pero para unha maior comprensión no corpo do artigo pódese dar o nome co que se coñece en España (que xeralmente será en castelán) e a tradución galega (aínda que non sexa moi utilizada, podería servir como referencia se algunha vez se edita en galego)--Rocastelo 21:00, 26 Xuñ 2005 (UTC)

  • Podemos facer o mesmo que facemos con outro tipo de artigos, xogar coas redireccións. Aínda que non haxa moitos comics en galego, polas series de televisión, polas películas e os debuxos animados sí hai os nomes galegos dos personaxes (o caso de Batman é moi significativo, a serie de personaxes reales foi dobrada ao galego -moi ben por certo- e existe toda a galería de malos). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:15, 26 Xuñ 2005 (UTC)

Moitas grazas polos teus consellos. Acabo de chegar e ando un pouco perdido, a ver se vou entrando na diámica. Un saúdo.--Xograr(discusión) 9 xullo 2005 11:34 (UTC)

Imagens da Galiza[editar a fonte]

Alyssalover, encontro-me de momento a criar artigos sobre os concelhos da Galiza e reparei que vocês aqui têm mapas de localização/situação (como este). Queria-te perguntar qual a possibilidade de os carregar todos para o Commons ou de me enviá-los todos, para que mesmo possa carregá-los. Por favor, responde na minha página portuguesa. Nuno Tavares 09:48, 21 agosto 2005 (UTC)