Europa continental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Continente europeo»)
Europa continental.

A Europa continental, tamén chamada continente europeo, é o continente de Europa, explicitamente excluíndo as illas europeas, e, ás veces, as penínsulas.[1] Notabelmente, no uso do inglés británico, o termo significa: a Europa excluíndo o Reino Unido, a Illa de Man, Irlanda e Islandia. Unha definición xeral de "Europa continental" é o continente europeo excluíndo o Reino Unido, Irlanda e Islandia. Porén, noutras rexións de Europa prevalecen ideas distintas sobre o que realmente significa a expresión.

Algunhas definicións de Europa continental expanden as fronteiras do continente para os seus límites xeográficos, incluíndo as nacións que están dentro das elevadas fronteiras dos Urais e do Cáucaso.

O que pode parecer ser unha simple cuestión de definición xeográfica, porén, ten profundas implicacións sociais e políticas. Algunhas definicións de Europa continental inclúen as nacións transcaucasianas da Xeorxia e Armenia - que son predominantemente cristiás - mentres que exclúen ao mesmo tempo as nacións predominantemente musulmás como o Acerbaixán e a Turquía.[2]

Illas mediterráneas[editar | editar a fonte]

No contexto do Mediterráneo, "o continente" pode referirse á parte continental de Italia (en oposición a Sardeña e Sicilia) ou a parte continental da Francia (en oposición a Córsega).

Illas atlánticas[editar | editar a fonte]

No contexto do Atlántico, "o continente" pode referirse á parte continental de Portugal (en oposición a Madeira e os Azores).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Merriam Webster dictionary definition". 
  2. "Where Do Europe's Borders Lie?". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 05 de xuño de 2018.