Conrad Heinrich Küchler
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1740 |
Morte | 1810 (69/70 anos) |
Lugar de sepultura | St Mary's Church (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Ceca de Soho |
Ocupación | gravador, medallista |
Conrad Heinrich Küchler, nado en Flandres cara a 1740 e finado en Handsworth, Midlands do Oeste, en 1810, foi un medallista alemán que desde 1793 ata a súa morte traballou como deseñador e gravador de moedas e medallas para Matthew Boulton na Ceca de Soho.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Küchler naceu en Flandres ca. 1740,[1] e inicialmente traballou en Alemaña como gravador de cuños en Darmstadt, entre 1763 e 1772, en Mannheim en 1766 e en Frankfurt en 1775, e logo tamén en Francia.[2]
Küchler Chegou a Inglaterra cara a 1790 e en 1793 foi contratado por Matthew Boulton como medallista e gravador de moedas para a súa compañía Soho Mint,[6] probablemente para ocupar o posto que deixara vacante o francés Jean Pierre Droz.[1] El foi o único artista do que se valeu Boulton para o deseño e o gravado dos cuños, e foi o creador de moi diversas moedas, medallas e fichas comerciais privadas (tokens), entre elas as moedas de cobre oficiais a nome de Xurxo III (1760-1820) —desde o farthing ata os dous peniques—, o dólar do Banco de Inglaterra[6] —cuñado sobre reais de oito españois— e as medallas emitidas en conmemoración da batalla de Trafalgar, ou na honra de Luís XVI e María Antonieta.[1][7]
Durante a súa etapa na Soho Mint de Birmingham, Kiichler gravou os cuños para un gran número de moedas e medallas non só inglesas, senón tamén irlandesas, dinamarquesas, rusas, portuguesas e doutros países.[7][8] Nos seus traballos adoitaba gravar as súas iniciais a modo de sinatura de artista, con distintas formas: H.C.; KUCHLER FEC. ; C. H. K. FECIT ou C. H. K, entre outras.[9]
Küchler foi o creador de polo menos tres dos retratos do anverso utilizados na moeda británica ao longo do reinado de Xurxo III. Máis tarde deixou a Ceca de Soho, mais seguiu a traballar para a empresa de Boulton en Londres ata a súa morte.[1]
Conrad Heinrich Küchler finou en Handsworth, na periferia urbana de Birmingham en 1810, e o seu corpo foi soterrado no cemiterio desa Localidade.[10]
Samuel Timmins referíase así en 1866 á figura de Conrad Heinrich Küchler:[11]
“ | Küchler gravou case a totalidade dos cuños para as célebres moedas de Soho, e en particular, para a coñecida peza de dous peniques; traballou principalmente no estilo francés. Viviu no 22 de Bride Court, Fleet Street, Birmingham, onde traballou como gravador de medallas e gravador de cuños. Despois de pasar moitos anos en Soho, tivo desencontros con Boulton e parece que terminou os seus días en circunstancias difíciles. Xace no cemiterio de Handsworth, sen unha lápida que sinale o seu lugar de descanso. — Sammuel Timmins, 1866. |
” |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Dickinson ,H. W. (2010). Matthew Boulton. Cambridge University Press. Páxina 147. ISBN 978-1-108-01224-9
- ↑ Forrer, L. (1907). Páxina 234.
- ↑ "2 Pence - George III". Numista.com
- ↑ "1 Dollar - George III Bank of England Token". Numista.com
- ↑ "Isle of Man. 1 Penny - George III". Numista.com
- ↑ 6,0 6,1 "Küchler, Conrad Heinrich". En Münzen Lexikon (Reppa.de).
- ↑ 7,0 7,1 Forrer, L. (1907). Páxinas 235-243.
- ↑ Moedas creadas por Küchler. Numista.com
- ↑ Forrer, L. (1907). Páxina 242.
- ↑ Harman, T. T. (1885). Páxina 184.
- ↑ Timmins, S. (1866). Páxina 564.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conrad Heinrich Küchler |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Forrer, L. (1907). "Küchler, Conrad Heinrich". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol .III. Spink & Son, Londres. Páxinas 234-243.
- Harman, T. T. (1885). "Küchler, C. H.". En Showell's Dictionary of Birmingham. Birmingham. Páxinas 183-184.
- Pollard, J. G. (1970). "Matthew Boulton and Conrad Heinrich Küchler". En The Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. Vol. 10. Páxinas 259-318.
- Timmins, S. (1866). Birmingham and the Midland Hardware District. Hardwicke, Londres
Predecesor: Lewis Pingo |
Moedas da libra esterlina Autores dos anversos 1797 |
Sucesor: Benedetto Pistrucci |