Congreso Internacional da Lingua Española
O Congreso Internacional da Lingua Española é un foro de reflexión sobre a lingua castelá no que se discute sobre a situación, problemas e retos da lingua. Realízase cada tres anos nalgunha cidade de España ou Hispanoamérica, e a súa organización está a cargo do Instituto Cervantes, que cumpre as funcións de secretaría xeral permanente dos Congresos, a Real Academia Española e a Asociación de Academias de la Lengua Española, así como o país organizador de cada edición.
O seu obxectivo é avivar a conciencia de corresponsabilidade de gobernos, institucións e persoas na promoción e na unidade da lingua, entendida como instrumento vertebrador da comunidade iberoamericana, no diálogo con outras linguas que son vivo patrimonio común dela. Os participantes son escritores, académicos, intelectuais, profesionais e expertos relacionados coa lingüística, as comunicacións e a lingua castelá.
Congresos realizados
[editar | editar a fonte]Edición | Data | Cidade | País | Lema |
---|---|---|---|---|
I | Entre o 7 e o 11 de abril de 1997 | Zacatecas | México | "A lingua e os medios de comunicación" |
II | Entre o 16 e o 19 de outubro de 2001 | Valladolid | España | "O idioma español na sociedade da información" |
III | Entre o 17 e o 20 de novembro de 2004 | Rosario | Arxentina | "Identidade lingüística e globalización" |
IV | Entre o 26 e o 29 de marzo de 2007 | Cartaxena de Indias | Colombia | "Presente e futuro da lingua española. Unidade na diversidade" |
V | Suspendido[1] (programado entre o 2 e o 6 de marzo de 2010) | Valparaíso | Chile | "América na lingua española" |
VI | Entre o 20 e o 23 de outubro de 2013 | Panamá | Panamá | "O español no libro" |
VII | Entre o 11 e o 19 de marzo de 2016 | San Xoán | Porto Rico | "Lingua española e creatividade" |
VIII | Entre o 27 e o 30 de marzo de 2019[2] | Córdoba[3] | Arxentina | "América e o futuro do español. Cultura e educación, tecnoloxía e emprendemento" |
IX | Maio de 2022 | Arequipa[4] | Perú |
Controversias
[editar | editar a fonte]No primeiro Congreso, o relatorio de Gabriel García Márquez, titulado Botella al mar para el dios de las palabras, abogou pola "xubilación da ortografía".[5] De xeito simultáneo á realización do terceiro Congreso en Rosario, o arxentino Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz, inaugurou o 1º "Congreso de laS lenguaS" (sic) para reivindicar a recuperación da memoria e a identidade das linguas dos pobos indíxenas de América. Por outra banda, cancelouse a participación da lingüista Nélida Donni de Mirande, acusada pola Universidade de Rosario de colaborar coa última ditadura militar na Arxentina (1976-1983).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O V Congreso foi suspendido por mor dun forte terremoto que sacudiu o país menos dunha semana antes.
- ↑ http://www.lavoz.com.ar/ciudadanos/ya-tiene-fecha-el-congreso-de-la-lengua-en-cordoba
- ↑ "Córdoba será sede del VIII congreso internacional de la lengua española 2019". Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de febreiro de 2017.
- ↑ "García Montero firma este lunes en Perú el acuerdo para organizar en 2022 el IX Congreso Internacional de la Lengua Española". Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ García Márquez, Gabriel (1997). "Botella al mar para el Dios de las palabras". I Congreso Internacional da Lingua Española. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2016.