Segunda guerra de Nagorno-Karabakh
A segunda guerra de Nagorno-Karabakh foi un conflito de 2020 armado entre as forzas armadas de Acerbaixán e a autoproclamada República de Artsakh, xunto con Armenia, na rexión de Nagorno-Karabakh, sendo a máis recente escalada de hostilidades no conflito sen resolver de Nagorno-Karabakh.
As hostilidades comezaron a mañá do 27 de setembro de 2020 ao longo da liña de contacto de Nagorno-Karabakh. Ámbolos dous bandos informaron de baixas militares e civís.[1] En resposta aos ataques, Armenia e Artsakh introduciron a lei marcial e a mobilización militar total,[2][3] mentres que Acerbaixán introduciu a lei marcial e un toque de queda.[4] O 28 de setembro, Acerbaixán declarou unha mobilización militar parcial.[5]
Numerosos países e as Nacións Unidas expresaron a súa forte condena do conflito e pediron a ámbolos dous bandos unha desescalada nas tensións e o comezo inmediato de negociacións significativas,[6] mentres que Afganistán, Paquistán, Israel e Turquía expresaron o seu apoio a Acerbaixán. Turquía proporcionou apoio militar a Acerbaixán, aínda que o alcance deste apoio non está claro.[7] Francia expresou o seu apoio a Armenia, e Irán foi acusado de apoiar a Armenia a pesar das súas peticións de paz na rexión.[8][9] Crese que Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos tamén apoiaron a Armenia neste conflito.[9]
Os analistas internacionais consideran que o conflito foi iniciado por Acerbaixán,[7][10] e os principais obxectivos desta ofensiva serían capturar distritos do sur Nagorno-Karabakh, que son menos montañosos e máis doados de tomar que a rexión do interior fortemente fortificada.[11][12] O apoio de Turquía a Acerbaixán crese que é un intento por estender a súa área de influencia ao aumentar as posicións de Acerbaixán no conflito ao tempo que marxina a influencia de Rusia na rexión.[7][13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Al Jazeera, ed. (27 de setembro de 2020). "Fighting erupts between Armenia, Azerbaijan over disputed region". Consultado o 27 de setembro de 2020.
- ↑ BBC News, ed. (27 de setembro de 2020). "Armenia and Azerbaijan erupt into fighting over disputed Nagorno-Karabakh" (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2020.
- ↑ Reuters, ed. (27 de setembro de 2020). "Nagorno-Karabakh announces martial law and total mobilization". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2020. Consultado o 27 de setembro de 2020.
- ↑ Reuters, ed. (27 de setembro de 2020). "Azerbaijan's parliament approves martial law, curfews – president's aide". Consultado o 27 de setembro de 2020.
- ↑ Azeri Press Agency, ed. (28 de setembro de 2020). "Partial mobilization announced in Azerbaijan". Consultado o 28 de setembro de 2020.
- ↑ "UN Security Council calls for immediate end to fighting in Nagorno-Karabakh". France 24 (en inglés). Associated Press. 30 de setembr de 2020. Consultado o 30 de setembro de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Kofman, Michael (2 de outubro de 2020). "Armenia–Azerbaijan War: Military Dimensions of the Conflict". Russia Matters. Belfer Center for Science and International Affairs. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2020. Consultado o 08 de outubro de 2020.
Turkey has publicly, and militarily, backed Azerbaijan in this conflict....
- ↑ Sofuoglo, Murat (28 de setembro de 2020). "What's Iran's role in the Armenia–Azerbaijan clash?". TRT World. Consultado o 7 de outubro de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 Fenton-Harvey, Jonathan (6 de outubro de 2020). "How the Armenia–Azerbaijan conflict could spiral into a proxy war". The New Arab. Consultado o 7 de outubro de 2020.
- ↑ Kucera, Joshua (29 de setembro de 2020). "As fighting rages, what is Azerbaijan's goal?". EurasiaNet (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2020.
- ↑ Palmer, James (28 de setembro de 2020). "Why Are Armenia and Azerbaijan Heading to War?". Foreign Policy. Consultado o 29 de setembro de 2020.
- ↑ "'Забуксовала, заглохла': эксперт о военной операции Азербайджана в Карабахе" (en ruso). EurAsia Daily. 2 de outubro de 2020.
Азербайджанская армия не выполнила за 5 дней ни одной задачи первого дня. Михаил Ходарёнок
- ↑ Gall, Carlotta (2020-10-01). "Turkey Jumps Into Another Foreign Conflict, This Time in the Caucasus". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-10-04.