Concepción Sáiz
En 1917, nunha homenaxe catro anos antes da súa xubilación. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Concepción Saiz Otero 22 de maio de 1851 Santiago de Compostela, Galicia |
Morte | marzo de 1934 Pancorbo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | española |
Actividade | |
Ocupación | Pedagoga, mestra e escritora |
Lingua | Lingua castelá |
Concepción Sáiz Otero, nada en Santiago de Compostela o 22 de maio de 1851 e finada en Pancorbo (Provincia de Burgos) en marzo de 1934, foi unha mestra, pedagoga, feminista e escritora galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada a mediados do século XIX, Concepción Sáiz (á que máis tarde as súas alumnas chamarían "Pura") foi filla de Andrea de Otero e Pérez, galega, e Raimundo Sáiz Reoyo, burgalés e carabineiro de profesión. Esta ocupación paterna fixo que a familia viaxase durante a infancia de "Pura", en virtude dos destinos que se lle deron en Ciudad Rodrigo, Viveiro, Logroño e Burgos. Nesta última cidade, a súa irmá máis vella e mestra de profesión, obtivo unha praza na escola da localidade de Pancorbo. En 1870, "Pura" e a súa familia viaxaron a Madrid, onde a moza seguiu o exemplo da súa irmá ingresando na Escola Normal Central de Mestras en 1876.[2] Iniciouse como profesora normalista en 1884, actividade que desenvolveu até a súa xubilación en 1921.
En 1882, participou no Congreso Nacional Pedagóxico, e con maior protagonismo estivo na Mesa do Congreso Hispano-portugués-americano, celebrado en Madrid, do 13 ó 27 de outubro de 1892; mesa na que tamén estiveron Manuel Ruiz de Quevedo (presidente da Asociación para o Ensino da Muller), Emilia Pardo Bazán, Rafael Torres Campos, Concepción Aleixandre, Asunción Vea e Juan Facundo Riaño, non podendo acudir, por atoparse enferma Concepción Arenal.
A súa actividade no eido da pedagoxía quedou reflectida en numerosas colaboracións en revistas, diarios e semanarios como La Tribuna (1882) e Nuestro Tiempo (1902-1906), ademais de nas publicacións profesionais Magisterio Español (entre 1883 e 1897), La Escuela Moderna (1893-1900) e a Revista de Medicina Social Española (1916-1918).
Morreu a comezos da primavera de 1934, e foi enterrada no cemiterio de Pancorbo, onde unha lápida custeada polas súas alumnas deixou memoria da súa homenaxe, ademais dunha placa conmemorativa na escola de Madrid que en 1934 levaba o seu nome.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]- Cartas... ¿pedagógicas? Ensayo de Psicología pedagógica. (Madrid; Sucesores de Rivadeneyra, 1895). Escrita xunto con Urbano González Serrano e prologada por Adolfo Posada.
- ¿Cómo utilizar los millones de superávit?. Madrid; Imprenta Sucursal de Hernando, 1905.
- Teoría y práctica de la educación y la enseñanza. Curso completo y enciclopédico de Pedagogía, expuesto conforme a un método rigurosamente didáctico. Madrid; Sucesores de Hernando, 1908.
- Dos meses por las escuelas de Londres. Madrid; Sucesores de Hernando, 1911.
- Lecturas escolares. Notas históricas y páginas selectas de literatura castellana (siglos XII al XIX), 4 vols.; Madrid; Librería General de Victoriano Suárez, 1913-1928.
- Urbano González Serrano (bosquexo biográfico). Madrid; Librería General de Victoriano Suárez, 1914.
- La Revolución del 68 y la cultura femenina. Un episodio nacional que no escribió Pérez Galdós. (Apuntes del natural); dúas edicións, Madrid.
- El método de la escuela renovada de Milán. Madrid; Ministerio de Instrución Pública, 1930.
- Las nuevas escuelas italianas. Madrid; Ministerio de Instrución Pública, 1930.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Simón Palmer, Carmen (1991). Escritoras españolas del siglo XIX. Manual biobibliográfico. Castalia. ISBN 9788470396007.
- ↑ Delgado Martínez, María Ángeles (2009). Científicas y educadoras: las primeras mujeres en el proceso de construcción de la didáctica de las ciencias en España. EDITUM. ISBN 9788483718919.
- ↑ Valentín Aranda, Secretario de la Comisión encargada del homenaje a Concepción Saiz. Revista de Escuelas Normales, octubre de 1934, páx. 201 (citado por Carmen Colmenar no prólogo á edición de 2006 de La revolución del 68 y la cultura femenina...)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Colmenar Orzaes, Carmen (2008). "La voz de las maestras en la sociedad de la Restauración: Concepción Sáiz Otero". Faísca (en castelán) (UCM) 13 (15): 107–121. ISSN 1136-8136.
- Marco, Aurora (2002). Mulleres e educación en Galicia. Vidas de mestras. Ediciós do Castro. pp. 69–95.
- ——— (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. pp. 400–401. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Marín Eced, Teresa (1990) La renovación pedagógica en España (1907-1936): los pensionados en pedagogía por la junta para ampliación de estudios. CSIC.
- Saiz Otero, C. (2006 -1929-). Carmen Colmenar, ed. La revolución del 68 y la cultura femenina, un episodio nacional que no escribió Pérez Galdós (en castelán). Biblioteca Nueva -Librería general de Victoriano Suárez-. ISBN 8497426061.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Concepción Sáiz". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega. 2008.
- Fernández de Cano, J.R.: "Sáiz y Otero, Concepción" Enciclopedia Universal Micronet (en castelán).