Saltar ao contido

Pancorbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pancorbo
 Nome oficial
    Pancorbo (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    pancorbino (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
486 (2001) rexistro civil
484 (2002) rexistro civil
464 (2003) rexistro civil
464 (2004) rexistro civil
464 (2005) rexistro civil
476 (2006) rexistro civil
492 (2007) rexistro civil
522 (2008) rexistro civil
538 (2009) rexistro civil
534 (2010) rexistro civil
501 (2011) rexistro civil
501 (2012) rexistro civil
493 (2013) rexistro civil
480 (2014) rexistro civil
453 (2015) rexistro civil
451 (2016) rexistro civil
448 (2017) rexistro civil
436 (2018) rexistro civil
434 (2019) rexistro civil
429 (2020) rexistro civil
423 (2021) rexistro civil
421 (2022) rexistro civil
433 (2023) rexistro civil
437 (2024) rexistro civil
431 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   199 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   235 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   58,45 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   634 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal09280 Editar o valor en Wikidata
Código INE09251 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap345056 Editar o valor en Wikidata
VIAF147028328 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z978p Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX454704
Wikidata C:Commons

Pancorbo é un concello español, no nordeste da provincia de Burgos, na comunidade autónoma de Castela e León. Ocupa unha superficie de 58,45 km², cunha poboación de 493 habitantes (2013). Dista 63 km da capital provincial, e só 17 km de Miranda de Ebro. O xentilicio que designa aos seus poboadores é pancorbino.

Tradicionalmente formou parte da comarca da Bureba, pero as reorganizacións recentes asígnano á comarca do Ebro.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome de Pancorbo procede do latín ponte curvu: ponte curva.

No ano 883 a crónica de Albelda indica que o conde alavés Vela Ximénez tomou o castro "cui Pontecorbum nomen est" (que ten por nome Pontecorbum), pasando a formar parte das terras castelás. Durante parte do século XI formou parte do reino de Navarra, pasando a Castela de xeito definitivo en 1076, so o rei Afonso VI. En 1147, Pancorbo recibiu carta foral do rei Afonso VII. Posteriormente outorgóuselle a capitalidade da merindade da Bureba, dada a súa prosperidade. Tivo barrio xudeu e foi un dos lugares de paso do Camiño de Santiago.

Ao pasar a ser Briviesca a capital da Bureba, Pancorbo perdeu a súa importancia, entrando en decadencia.

A finais do XVIII contaba cunha fortaleza, que sería ocupada polas tropas napoleónicas ata 1813. O Exército de Galicia, ao mando do xeneral Blake, enfrontaríase na batalla de Pancorbo aos franceses.

En 1862 chegou o ferrocarril Madrid-Irún a Pancorbo, pero non significou ningún pulo para a poboación, dada a proximidade do nó ferroviario de Miranda de Ebro.