Coche de carreiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Porsche 917 Kurzheck, un sport prototipo.
Renault R25, un monopraza.
Peugeot 307 WRC, un automóbil de turismo modificado para rally.
Un dragster deseñado especialmente para carreiras de arrancóns.
Un Mercedes-Benz Clase C totalmente modificado para carreiras de turimos.

Un coche de carreiras ou automóbil de carreiras está modificado para usarse en competicións de automobilismo. Segundo a disciplina e a categoría, un automóbil de carreiras pode estar baseado nun automóbil de turismo ou pode ser modificado especificamente para as carreiras.

Tipos de coches de carreiras[editar | editar a fonte]

Nas carreiras en circuítos e rally é moi habitual utilizar turismos e deportivos, tanto porque as modificacións necesarias son escasas e económicas, como porque as marcas de automóbiles poden publicitar os seus modelos á venda mediante campañas exitosas neste tipo de carreiras. Cada categoría posúe un regulamento técnico para restrinxir as modificacións, que se chama homologación. A Federación Internacional do Automóbil determina homologacións que se utilizan en todos os continentes, pero moitas categorías utilizan homologacións propias.

Outro tipo de automóbiles de carreiras son os monoprazas e os sport prototipos, que posúen un único asento e teñen moi pouco que ver cos automóbiles de rúa. Os monoprazas son extremadamente estreitos para reducir a superficie de rozamento co aire, e case sempre utilizan aleróns para aumentar a carga aerodinámica vertical. Outra variedade de prototipos de carreiras son os siluetas, que posúen unha carrozaría similar á dun automóbil de rúa pero cuxa mecánica é completamente distinta.

Configuración de carreira[editar | editar a fonte]

En case todas as categorías, os equipos teñen a posibilidade de modificaren características do automóbil, para mellorar as prestacións e adaptarse ao trazado e ás condicións meteorolóxicas:

Suspensión e dirección[editar | editar a fonte]

  • Os resortes e amortecedores da suspensión poden endurecerse ou abrandarse para mellorar o comportamento en curvas e fochancas.
  • A adhesión ao chan e o percorrido máximo da suspensión poden axustarse para modificar o comportamento en saltos, fochancas e pendentes.
  • Os ángulos de caída e comba das rodas poden modificarse para inducir sobreviraxe ou subviraxe.
  • A multiplicación e dureza da dirección pode alterarse, por exemplo para mellorar a precisión en curvas abertas ou para negociar horquillas con máis facilidade.

Pneumáticos e freos[editar | editar a fonte]

  • Os pneumáticos poden ser de composto brando, medio ou duro, e con sucos de distinta profundidade e deseño (para a choiva) ou cravos (para a neve e o xeo).
  • O sistema de freos pode balancearse ou no seu lugar colocar discos de diámetro máis grande ou hiperventilados, todo isto para ter maior circulación de aire dentro dos mesmos e contribuír ao enfriamento do sistema de freos.

Motor[editar | editar a fonte]

  • As distintas pezas pódense substituír por outras máis liviás, para aumentar o réxime máximo e aliviar o automóbil.
  • Os cilindros, filtros de aire, válvulas, entradas de aire e saídas de escape poden aumentarse de tamaño.
  • A unidade de control de motor pode ser reprogramada ou substituída para modificar o punto de acendido, a cantidade de combustible inxectado, o nivel de presión do sobrealimentador e do limitador de réxime.
  • Os sobrealimentadores e sistemas de inxección de óxido nitroso poden agregarse no caso de que non existan orixinalmente.

Outros elementos[editar | editar a fonte]

  • As marchas da caixa de cambios poden acurtarse ou alargarse para equilibrar aceleración e velocidade máxima.
  • Os aleróns poden ter distinto tamaño e inclinación, para dar preferencia á adherencia en curva ou á velocidade máxima.
  • O centro de masa do automóbil pode desprazarse cara a adiante ou atrás (e cara á esquerda e dereita nas carreiras en óvalos).

Categorías de automóbiles[editar | editar a fonte]

Auto Categoría
Monopraza F1F2F3F4F3000F4000F5000Fórmula AtlanticFórmula Car ChallengeFórmula FirstFórmula FordFórmula JuniorFórmula LibreFórmula MondialFórmula Holden/Fórmula BrabhamFórmula NipponIndyCarChamp CarFCJFórmula DreamFórmula PacificIFMEuroBOSSFJ1600F500Fórmula SAE
GP2GP3Fórmula AbarthFórmula AsiaFórmula AtlanticFórmula BMWFórmula CFórmula Car ChallengeFC Euro SeriesFórmula ContinentalFórmula EFF1600FF2000Fórmula KönigFórmula LGB (SwiftHyundai) • Fórmula MarutiFórmula MazdaFórmula MonzaFórmula Opel/VauxhallFórmula NissanFPAFórmula RenaultFórmula RolonFórmula RUSFórmula Super VeeFórmula Suzuki Kei SportFórmula Suzuki HayabusaFórmula ToyotaFórmula VeeA1GPSuperleague FórmulaIndy LightsAuto GPBarber ProStar MazdaGPMSRFChina Fórmula Grand PrixFórmula V6 Asia
Karting KF3KF2KF1KZ2KZ1Superkart/Fórmula E
Turismo Grupo 1Grupo 2Grupo 5Grupo AGrupo CGrupo EGrupo FGrupo GGrupo HGrupo NGrupo SGrupo SEGrupo SPSuper 2000Diesel 2000Clase 1Clase 2Super TouringSuper ProductionBTC-TV8 SupercarDTMV8StarNGTCTC2000
Stock car Copa NASCARNationwideTruckARCALate modelSuper StockStreet StockBriSCA F1BriSCA F2Hot RodsBrasilMinistoxIMCA Sport CompactLegendsEurocarAUSCARSupermodifiedTurismo Carretera
Rally Grupo 1Grupo 2Grupo 4Grupo A (WRCSuper 1600Super 2000) • Grupo BGrupo NGrupo SGrupo R
Sports cars DPGrupo 4Grupo 5Grupo 6Grupo 7Grupo CGrupo CNIMSA GTPCamel LightLMPLMPCS2000ClubmansGCGC-21Group A Sports Cars
Gran Turismo Grupo 3Grupo 4Grupo 5Grupo BGT1GT2GT3GT4GT500GT300Trans-AmIMSA GTO/GTSIMSA GTUAppendix KGroup D GT CarsGrupo D Production Sports Cars
Arrancóns Top FuelFunny CarPro StockTop AlcoholPro ModifiedPro RWDPro FWDAll MotorSuper Comp/Quick RodStreet StockTop Doorslammer
Off road Trophy TruckTruggyDune buggyBaja BugFórmula Offroad

Edicións limitadas[editar | editar a fonte]

Toyota Celica Carlos Sainz
Detalle no Citroën C4 by Loeb

En ocasións os fabricantes adoitan sacar ao mercado unha versión de serie do coche de carreiras nunha edición limitada e baseada no seu homólogo de competición, xeralmente en tributo a un piloto ou a unha carreira. Entre outros exemplos podemos atopar:[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. www.wrc.com. "Las 10 ediciones limitadas más emblemáticas". Consultado o 13 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]