Club Santo Domingo Betanzos
| Santo Domingo Betanzos | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Liga | Liga EBA |
| Fundación | 1983 |
| Cores | Branco |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | Polideportivo municipal de Betanzos |
| santodomingobetanzos.com | |
O Club Santo Domingo Betanzos é un equipo de baloncesto galego, con sede en Betanzos, que compite na Liga EBA, a cuarta categoría do baloncesto español.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado en 1983 por iniciativa do entón párroco da igrexa de San Domingos de Betanzos.[1] Nos seus primeiros anos carecía dun campo estable no que desenvolver a súa actividade, ata que tres anos despois, en 1986, inauguráronse as instalacións deportivas do Carregal, en cuxo centro deportivo (de titularidade municipal) xoga os seus partidos como equipo local.
A entidade estivo preto da súa desaparición na primeira década do século XXI, pero foi capaz de superar os seus problemas económicos e dende entón ten nutridas categorías inferiores, tanto masculinas como femininas, e con máis de 200 licenzas federativas. O primeiro equipo participa ininterrompidamente no grupo A-B da Liga EBA dende a tempada 2013/14.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]| Tempada | División | Pos. | Postempada | Copa |
|---|---|---|---|---|
| 2011–12 | Primeira División | 6 | – | – |
| 2012–13 | Primeira División | 2 | Ascenso | – |
| 2013-14 | Liga EBA | 8 | – | – |
| 2014–15 | Liga EBA | 13 | – | – |
| 2015–16 | Liga EBA | 11 | – | – |
| 2016–17 | Liga EBA | 7 | – | – |
| 2017–18 | Liga EBA | 5 | – | – |
| 2018–19 | Liga EBA | 11 | – | – |
| 2019–20 | Liga EBA | 8 | Suspendida | – |
| 2020–21 | Liga EBA |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quiénes somos". santodomingobetanzos.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2020.
- ↑ "El Santo Domingo tienta a la EBA". La Voz de Galicia. 10 de maio de 2013. Consultado o 1 de decembro de 2020.