Club Athlétique Brive-Corrèze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brive
NomeClub Athlétique Brive-Corrèze Limousin
Fundación1913
SedeBrive-la-Gaillarde, Francia Francia
Estadio(s)Stade Amédée-Domenech
Capacidade15.000 espectadores
PresidenteFrancia Jean Jacques Bertrand
AdestradorFrancia Nicolas Godignon
CapitánFrancia Arnaud Méla
Liga(s)Top 14
2015-16-
Casa
Fóra
Alternativo
Na rede
http://www.cabrive-rugby.com/
Twitter: CABCLRUGBY Instagram: cabriverugbyofficiel Editar o valor em Wikidata

O Club Athlétique Brive-Corrèze Limousin é un club francés de rugby fundado en 1904 na cidade de Brive-la-Gaillarde no departamento de Corrèze na rexión de Lemosín. As súas cores son o negro e a branco e xogan os seus partidos coma local no estadio Stade Amédée-Domenech, cunha capacidade para 15.000 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado o 12 de outubro de 1912. Antes da segunda guerra mundial, o Brieve cambiou de rugby union a rugby league, mais volveu á rugby union despois da Guerra.

Xoga normalmente na Primeira División do rugby francés, e se converteu no club de rugby máis forte da rexión de Lemosín, mais durante moitos anos, o seu único título foi un trofeo da Segunda División acadado en 1957. O Brieve nuncha chegou á final do Campionato francés de rugby ata 1965. O 23 de maio xogaron a súa primeira final fronte ao SU Agen no Stade de Gerland, en Lión perdendoa por 15-8. A seguinte vez que o Brive chegou á final foi en 1972, onde se enfrontaron ao AS Béziers o 21 de maio, novamente en Lión, e novamente perderon, desta vez por 9-0. Na final de 1975 se enfrontaron novamente ao AS Béziers, daquela o Béziers se convertera no equipo imbatible da década, e novamente Brieve perdeu pola mínima 13-12 no Parc des Princes, en París.

O Brive experimentou un rexurdimento a mediados dos '90, primeiro en 1996, cando chegaron novamente á final dende mediados dos '70 en París. Novamente perdeu, desta vez fronte ao Stade Toulousain por 20-13, no que foi a súa cuarta final perdida. Só outros dous clubs teñen máis finais perdidas que o Brieve, o ASM Clermont Auvergne con 9 e o Union Sportive Daquoise con 5. Ese mesmo ano gañaron o Challenge Yves du Manoir, derrotando ao Pau por 12-6.

Na tempada 1997, chegou ata a final da Heineken Cup na que se enfrontaron ao Leicester Tigers de Inglaterra no Cardiff Arms Park. O Brive finalmente gañou unha final, gañando aos Tigers 28-9. É polo tanto un dos dous únicos equipos campións da Copa de Europa que nunca gañaron a competición doméstica xunto a Northampton Saints.

O 22 de febreiro de 1997, o Brive, en calidade de campión europeo, enfrontouse aos Auckland Blues que gañara o Super 12, perdendo por 47-11.

En 1998, o Brive chegou novamente á final da Heineken Cup, desta vez fronte ao Bath, perdendo fronte no Parc Lescure de Bordeos por 19-18.

No 2000, o equipo descendeu á Rugby Pro D2, volvendo á máxima categoría en 2003, mais dende o ascenso unicamente se clasificou para os playoffs en 2004.

Na tempada 2011-12 perdeu a máxima categoría, descendendo ó Pro D2, a segunda división francesa.

Resultados das finais[editar | editar a fonte]

Campionato de Francia[editar | editar a fonte]

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
23 de maio de 1965 SU Agen CA Brive 15-8 Stade de Gerland, Lión 28.758
21 de maio de 1972 AS Béziers CA Brive 9-0 Stade de Gerland, Lión 31.161
18 de maio de 1975 AS Béziers CA Brive 13-12 Parc des Princes, París 39.991
1 de xuño de 1996 Stade Toulousain CA Brive 20-13 Parc des Princes, París 48.162

Heineken Cup[editar | editar a fonte]

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
25 de xaneiro de 1997 CA Brive Leicester Tigers 28-9 Arms Park, Cardiff 41.664
31 de xaneiro de 1998 Bath Rugby CA Brive 19-18 Parc Lescure, Bordeos 36.500

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]