Claude Sautet
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Claude Marie Sautet 23 de febreiro de 1924 Montrouge (Francia) |
Morte | 22 de xullo de 2000 (76 anos) París (Francia) |
Causa da morte | cancro de fígado |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse, 1 |
Educación | Institut des Hautes Études Cinématographiques (pt) |
Actividade | |
Ocupación | guionista, autor, director de cinema, produtor de televisión |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Graziella Sautet |
Fillos | Yves Sautet |
Premios | |
| |
|
Claude Sautet, nado en Montrouge (Altos do Sena) o 23 de febreiro de 1924 e finado en París o 22 de xullo de 2000 foi un director de cinema francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Claude Sautet estudou pintura e escultura antes de comezar a estudar cinema na universidade en París, onde iniciou a súa carreira. O seu primeiro filme, Bonjour Sourire, foi rodado en 1955.
O recoñecemento internacional chegoulle en 1969 con Les Choses de la Vie, filme que ademais de dirixir tamén escribiu, como o resto dos seus seguintes filmes. O filme foi exhibido no Festival de Cannes, onde foi ben recibido. Tamén serviu para revivir a carreira de Romy Schneider, que volvería a traballar con Sautet en varios filmes.
Algúns dos seus filmes máis aclamados son Vincent, Paul, François, et les Autres (1974), Une histoire simple (1978), que foi candidato ao Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa,[1] Un cœur en hiver (1993) e Nelly et Monsieur Arnaud (1996). Estes dous últimos foron protagonizados por Emmanuelle Béart.
Faleceu a causa dun cancro no 2000.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Director
[editar | editar a fonte]- Bonjour sourire (1955)
- Classe tous risques (1960)
- L'arme à gauche (1965)
- Les choses de la vie (1970)
- Max et les ferrailleurs (1971)
- César et Rosalie (1972)
- Vincent, François, Paul et les autres (1974)
- Mado (1976)
- Une histoire simple (1978)
- Un mauvais fils (1980)
- Garçon! (1983)
- Quelques jours avec moi (1988)
- Un cœur en hiver (1991)
- Nelly et Monsieur Arnaud (1995)
Guionista
[editar | editar a fonte]- Les Yeux sans visage (1959), dirixido por Georges Franju (tamén primeiro axudante)
- Symphonie pour un massacre (1963), dirixido por Jacques Deray
- Peau de banane (1963), dirixido por Marcel Ophüls
- L'Âge ingrat (1964), dirixido por Gilles Grangier
- Échappement libre (1964), dirixido por Jean Becker
- La Vie de château (1965), dirixido por Jean-Paul Rappeneau
- Mise à sac (1967), dirixido por Alain Cavalier
- Borsalino (1970), dirixido por Jacques Deray
- Les Mariés de l'an II (1971), dirixido por Jean-Paul Rappeneau
- Mon ami le traître (1988), dirixido por José Giovanni
- Intersection (1994), dirixido por Mark Rydell
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The 52nd Academy Awards (1980) Nominees and Winners". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2013.