Clasificación Decimal Universal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2021.) |
A Clasificación Decimal Universal ou CDU é un sistema de clasificación do coñecemento que nace da necesidade de ordenar e catalogar as obras nas bibliotecas.
Melvil Dewey, bibliotecario do Amherst College en Massachusetts, Estados Unidos, creou en 1876 o Sistema Dewey de clasificación. Este sistema foi adaptado por Paul Otlet e Henri A Fontaine e publicado por primeira vez en lingua francesa entre 1904 e 1907 co nome de Clasificación Decimal Universal. Desde entón foi continuamente revisado e desenvolvido e demostrou ser un sistema moi flexible e efectivo para clasificar e ordenar fondos bibliográficos. Baséase na ordenación do coñecemento a través de díxitos. A un grupo principal asígnaselle un díxito, do 0 ao 9, e a cada nivel que deba ser creado dentro do grupo engádeselle un novo díxito. Un exemplo de tres niveis é o seguinte:
Características e principios da CDU
[editar | editar a fonte]Esta clasificación intenta dividir todo o coñecemento en dez grandes campos, os cales corresponderán ás táboas principais. Cada unha está constituída por un só número:
- 0 Xeneralidades. Ciencia e coñecemento. Organización. Información. Documentación. Enciclopedias. Biblioteconomía. Institucións. Documentos e publicacións
- 1 Filosofía. Psicoloxía
- 2 Relixión. Teoloxía
- 3 Ciencias sociais. Estatística. Política. Economía. Comercio. Dereito. Goberno. Asuntos militares. Benestar social. Seguros. Educación. Folclore
- 4 Vacante
- 5 Matemáticas. Ciencias naturais (inclúe auxiliares especiais e división principal)
- 6 Ciencias aplicadas. Medicina. Tecnoloxía
- 7 Belas artes. Xogos. Espectáculos. Deportes
- 8 Linguaxe. Lingüística. Literatura
- 9 Xeografía. Biografías. Historia
Cada táboa divídese á súa vez noutros dez grupos, e así sucesivamente sen límite; trátase dunha clasificación decimal. A notación estrutúrase utilizando números arábigos que non funcionan como números enteiros.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clasificación Decimal Universal |