Extramurs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°28′07″N 0°23′14″O / 39.4687, -0.387142

Situación do distrito na cidade de Valencia.
O Xardín Botánico.
As Torres de Quart.
A Estación Norte.

Extramurs (en galego: Extramuros) é o nome que recibe o distrito número 3 da cidade de Valencia. Limita coa Ciutat Vella polo nordeste, L'Eixample polo sueste, Campanar polo noroeste e l'Olivereta, Patraix e Jesús polo suroeste. A súa poboación censada no 2009 era de 49.940 habitantes segundo o Concello de Valencia.[1] Coñecido como o ensanche pobre fronte ao ensanche rico do distrito de L'Eixample.

Poboación[editar | editar a fonte]

Extramurs tiña 50.076 habitantes en 2007, distribuídos entre catro barrios:

  • el Botànic (6.499)
  • la Roqueta (4.668)
  • la Petxina (15.479)
  • Arrancapins (23.430)

Elementos destacados[editar | editar a fonte]

Dous elementos moi importantes a destacar son as Torres de Quart e o Xardín Botánico da Universitat de València. No extremo sur atópase a Estación do Norte, nó ferroviario e terminal da rede de Proximidades de Valencia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Districte 03. Extramurs" (PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia (en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]