La Saïdia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°29′00″N 0°22′19″O / 39.4833, -0.372036

Situación do distrito na cidade de Valencia.

La Saïdia é o distrito número 5 de Valencia, situado ao norte da Ciutat Vella, e se estende dende a marxe esquerda do río Turia até a avenida do Doctor Peset Aleixandre. Ao leste linda coa rúa de General Elío, o comezo da avenida de Vicent Blasco Ibáñez, e ao oeste a avenida de Burjassot. Componse dos barrios de Marxalenes, Morvedre, Trinitat, Tormos e Sant Antoni. A súa poboación censada no 2009 era de 49.775 habitantes segundo o Concello de Valencia.[1]

Toponimia[editar | editar a fonte]

En castelán usan o topónimo Zaidía, unha castelanización do valenciano Saïdia, que á súa vez deriva do palacio que tivo o rei andalusí Zayd.[2]

Lugares destacables[editar | editar a fonte]

O distrito ten moitos lugares de destacable importancia. Un é o Mosteiro da Trinitat, no barrio homónimo. Anteriormente era o punto de confluencia das vías do trenet de València que se dirixían dende Rafelbunyol, Burjassot e o Cabanyal até a estación da Pont de Fusta, situado no punto máis meridional do distrito, hoxe en día é o moderno tranvía o que percorre de oeste a leste o distrito. Tamén dispón de importantes parques municipais como os Jardins del Real e o de Marxalenes.

Poboación[editar | editar a fonte]

O distrito tiña 49.320 habitantes en 2007, divididos en cinco barrios:

  • Marxalenes (11.423)
  • Morvedre (10.535)
  • Trinitat (8.256)
  • Tormos (8.960)
  • Sant Antoni (10.146)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Districte 05. la Saïdia" (PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia (en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011. 
  2. "Marxalenes". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Geografía. Editorial Prensa Valenciana. 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]