Benicalap
Benicalap é o distrito número 16 da cidade de Valencia, situado no extremo noroeste da cidade. Está conformado por tan só dous barrios, Benicalap e Ciutat Artista Faller, o fito entre os dous atópase na avenida dos Salesians. Os límites do distrito son, ao norte, a Rolda Norte de Valencia e ao sur, a avenida do Doutor Peset Aleixandre. Foi municipio propio até finais do século XIX, cando se anexionou á cidade. A súa poboación no 2009 era de 44.684 habitantes.[1]
O barrio de Benicalap é moito máis grande co de Ciutat Artista Faller, ocupando case todo o distrito. A súa superficie é de 171,9 hectáreas e ten unha poboación de 42.843 habitantes segundo o censo municipal de 2007. Foi un municipio con autonomía propia até finais do século XIX cando se anexionou á cidade de Valencia, formando dende entón parte dela coma un barrio. En Benicalap está un dos principais parques da cidade, o Parque de Benicalap, e o Museo do Gremio de Artistas Falleiros (en Ciutat Fallera). Tamén é o lugar onde se situará o novo estadio do Valencia CF, Nou Mestalla, que ten previsto ser inaugurado en 2009.
Poboación
[editar | editar a fonte]Benicalap tiña 53.693 habitantes en 2007, distribuídos entre dous barrios:
- Benicalap (36.317)
- Ciutat Fallera (6526)
O barrio de Benicalap
[editar | editar a fonte]O barrio moderno naceu da vila homónima, situada preto do leste da avenida de Burjassot, mais a urbanización fíxoo medrar moito até chegar a un tamaño importante. O corazón da antiga vila atópase entre as prazas da Mare de Déu de Montiel, Nova de l'Església, e de Benicalap. Cómpre salientar que malia o seu tamaño, o barrio non ten ningún parque municipal ou zona verde. O mercado sitúase lonxe do centro antigo, na rúa de Miguel Servet, a rentes da avenida do General Avilés. O ensanche, entre as avenidas de Burjassot e das Corts Valencianas, é onde se está construíndo o estadio do Nou Mestalla, o cal será a nova sede do Valencia CF. Como curiosidade, as rúas do barrio teñen os nomes das diversas comarcas valencianas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Districte 16. Benicalap" (PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia (en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benicalap |