L'Olivereta é o nome que recibe o distrito número 7 da cidade de Valencia. Limita con Campanar ao norte, Extramurs polo leste e Patraix polo sur. Así mesmo, linda cos municipios de Mislata e Xirivella. A poboación censada no 2009 era de 51.324 habitantes segundo o Concello de Valencia.[1]
↑"Districte 07. L'Olivereta"(PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia(en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal(PDF) o 07 de xullo de 2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.