St Helens, Merseyside

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 53°27′N 2°45′O / 53.450, -2.750

Casa do Concello de St Helens

St Helens é unha gran cidade do condado de Merseyside, en Inglaterra.[1][2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade, cunha poboación de 102 629 habitantes, é o centro administrativo do municipio metropolitano de St Helens, que tiña unha poboación de 176 843 habitantes no censo de 2001.[3]

St Helens está no suroeste do histórico condado de Lancashire, a 10 km ao norte do río Mersey.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade historicamente atopábase dentro da antiga división de Lancashire de West Derby coñecida como "hundred" (división dun condado).[4][5]

A cidade comezou inicialmente como un pequeno asentamento no municipio de Windle, pero a mediados do século XVII converteuse en sinónimo dunha área máis ampla e, en 1838 fíxose oficialmente responsábel da administración dos catro concellos de Eccleston, Parr, Sutton e Windle. En 1868 a cidade foi creada por incorporación como concello municipal e máis tarde converteuse nun municipio comarcal, e en 1887 e nun concello metropolitano e, finalmente, en 1974 cunha responsabilidade administrativa ampliada para as cidades e aldeas próximas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lewis, Samuel, ed. (1848): A Topographical Dictionary of England. Hedon - Helmington. ISBN 0-8063-1508-3, pp. 466–470.
  2. GB Historical GIS / University of Portsmouth. "History of St Helens in Lancashire". visionofbritain.org.uk.
  3. Census 2001. "Census 2001 Key Statistics, Urban areas in England and Wales". ONS.
  4. University of Portsmouth. "Administrative Unit West Derby Hundred". visionofbritain.org.uk. Arquivad dende o orixinal o 23 de maio de 2016.
  5. William Farrer & J. Brownbill (1907): "A History of the County of Lancaster: Volume 3".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]