Ciencias ocultas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As ciencias ocultas, na súa acepción literal, é o nome co que se coñecen a unha serie de crenzas e prácticas mistéricas que dende a antigüidade e actualmente pretenden penetrar e dominar os segredos da natureza e desenrolar os poderes ocultos do ser humano. Teñen un gran interese para antropólogos, historiadores, filósofos e psicólogos.

Tamén pode entenderse por ciencias ocultas algún certo tipo de literatura caracterizada polo gusto o misterio, a transcendencia espiritual ou as explicacións alternativas. Existen editoriais e librarías especializadas neste tipo de literatura que versa sobre temas moi variados cuxo denominador común son, a veces, temáticas que se fan famosas e, outras, a demanda do público. Estes son asuntos que sucitaron a curiosidade do público dende fai moito tempo.

Baixo esta perspectiva, o termo «ciencias ocultas» sería en realidade unha etiqueta pouco descriptiva, imposta polas regras do comercio editorial antes que por unha clasificación adecuada sobre o seu contido.

Ao longo da historia, a Igrexa católica combatiu estas prácticas sinalándolas como produtos do demo, surxidas co propósito de apartar aos homes da fe, se ben actualmente os escépticos as atacan de forma máis ou menos crítica. En todo caso tratan de responder á incerteza e curiosidade que o ser humano sente polo descoñecido ou polo seu desexo de transcendencia espiritual. Neste sentido, é importante recalcar que parte destas crencias aluden ao paganismo, razón pola cal a igrexia foi unha das súas principais detractoras.

Exemplos de ciencias ocultas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Ocultismo

Entre os exemplos máis importantes das ciencias ocultas desenroladas na antigüidade, pódense mencionar as seguientes:

As ciencias ocultas e o New Age[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Nova era

Dentro do movemento denominado New Age, desenrolouse o interese polo conxunto de diversas crenzas e de prácticas que non necesariamente excluen o interese poas anteriores. As ideas reformuladas polos seus partidarios soen relacionarse coa menciña holística, as menciñas alternativas ou tradicionais e o misticismo. Tamén inclúense numerosas ciencias ocultas e pseudociencias, perspectivas xenerais sobre a historia, a relixión, a espiritualidade, estilos de vida e certos tipos de música. Algúns dos temas relacionados son:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  • Luck, Georg (1995). Magia y Ciencias Ocultas en el Mundo Griego y Romano. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1785-2.