Saltar ao contido

Chus Lampreave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChus Lampreave
Biografía
Nacemento(es) María Jesús Lampreave Pérez Editar o valor en Wikidata
11 de decembro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Madrid Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 2016 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Almería Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0483942 Allocine: 7309 Rottentomatoes: celebrity/chus_lampreave Allmovie: p40203
BNE: XX1379225 Discogs: 1172292 Find a Grave: 160478675 Editar o valor en Wikidata

María Jesús Lampreave, nada en Madrid o 11 de decembro de 1930 e finada en Almería o 4 de abril de 2016,[1] foi unha actriz española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que nunca tivo vocación de actriz, converteuse nunha das máis recoñecidas e apreciadas do cine español. Participou en máis de cincuenta películas e numerosos traballos en televisión, colaborando cos máis importantes directores do Estado.

Tras cursar o bacharelato e movida pola súa gran paixón pola pintura, ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando e por medio de Jaime de Armiñán, en 1958, Chus fai o seu debut como actriz na televisión. Os seus comezos no cine foron da man de Marco Ferreri e Luis García Berlanga, con quen traballou despois en películas tan emblemáticas como El verdugo e na triloxía Nacional.

Mais os seus maiores éxitos serían na década de 1980 e da man do director Pedro Almodóvar, co que roda Entre tinieblas (1983), ¿Qué he hecho yo para merecer esto? (1984) e Matador (1986). Con el colaborou en cinco películas máis, incluíndo Hable con ella (2002) e Volver (2006). É a única actriz que traballou co manchego con regularidade en toda a súa filmografía.

Con Fernando Trueba actúa, en 1986, en El año de las luces, nun papel que supón a primeira das súas cinco candidaturas ao Premio Goya. Especializada en personaxes inxenuos ou despistados, adquire maior protagonismo en Espérame en el cielo (Antonio Mercero, 1988). Con Trueba volve a colaborar en Belle Époque (1992), filme gañador do Oscar á mellor película de fala non inglesa e pola que Chus obtivo o Goya á mellor actriz secundaria.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoPelículaDirector
1958El pisitoMarco Ferreri
1960El cochecitoMarco Ferreri
1963El verdugoLuis García Berlanga
1971Mi querida señoritaJaime de Armiñan
1977La escopeta nacionalLuis García Berlanga
1980Patrimonio nacionalLuis García Berlanga
1980Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montónPedro Almodóvar
1982Laberinto de pasionesPedro Almodóvar
1982Nacional IIILuis García Berlanga
1984Entre tinieblasPedro Almodóvar
1984¿Qué he hecho yo para merecer esto?Pedro Almodóvar
1985MatadorPedro Almodóvar
1985Sé infiel y no mires con quiénFernando Trueba
1985Lulú de nocheEmilio Martínez Lázaro
1986El año de las lucesFernando Trueba
1987La vida alegreFernando Colomo
1987Moros y cristianosLuis García Berlanga
1988Espérame en el cieloAntonio Mercero
1988Mujeres al borde de un ataque de nerviosPedro Almodóvar
1988Amanece, que no es pocoJosé Luis Cuerda
1988Bajarse al moroFernando Colomo
1992Belle ÉpoqueFernando Trueba
1992SupernovaJuan Miñón
1995Siete mil días juntosFernando Fernán Gómez
1995Así en el cielo como en la tierraJosé Luis Cuerda
1995La flor de mi secretoPedro Almodóvar
1998Torrente, el brazo tonto de la leySantiago Segura
2002El florido pensilJuan José Porto
2002Hable con ellaPedro Almodóvar
2004Di que síJuan Calvo
2006VolverPedro Almodóvar
2008Fuera de cartaNacho G. Velilla
2009Los abrazos rotosPedro Almodóvar

Televisión

[editar | editar a fonte]

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]

Festival Internacional de Cine de Cannes

AnoCategoríaPelículaResultado
2006Mellor actriz (en conxunto co resto de actrices)VolverGañadora

Premios Goya

AnoCategoríaPelículaResultado
1995Mellor interpretación feminina secundariaLa flor de mi secretoCandidata
1992Mellor interpretación feminina secundariaBelle ÉpoqueGañadora
1989Mellor interpretación feminina secundariaBajarse al moroCandidata
1988Mellor interpretación feminina secundariaEspérame en el cieloCandidata
1986Mellor interpretación feminina secundariaEl año de las lucesCandidata

Fotogramas de Prata

AnoCategoríaPelícula/Serie de TVResultado
2005Toda una vidaGañadora
1993Mellor actriz de televisión¿De parte de quién?Semifinalista (1ª rolda)
1990Mellor actriz de televisiónEva y Adán, agencia matrimonialCandidata
1988Mellor actriz de cineEspérame en el cielo
Miss Caribe
Mujeres al borde de un ataque de nervios
Candidata
1986Mellor actriz de cineEl año de las luces
Lulú de noche
MatadorMatador
Candidata
1984Mellor actriz de cine¿Qué he hecho yo para merecer esto?Candidata

Unión de Actores

AnoCategoríaPelículaResultado
2008Mellor actriz secundaria de cineFuera de cartaCandidata
2006Mellor actriz secundaria de cineVolverGañadora
1995Mellor interpretación secundaria de cineLa flor de mi secretoCandidata