Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón
Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón é a primeira longametraxe do cineasta español Pedro Almodóvar. Rodada en 16 milímetros, estréase no 1980 nos cines comerciais. Película cun argumentro fresco, corrosivo e feita cun gran sentido do humor e imaxinación, tendo en conta que está ambientada no Madrid da Movida. Entre o elenco deste filme destacan unha das grandes musas interpretativas do director manchego, Carmen Maura, coa que seguirá a colaborar nos seus vindeiros proxectos, e unha novísima Alaska (Olvido Gara), cantante aínda en activo actualmente e que contaba con tan só 15 anos no rodaxe da película.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Tres mulleres moi distintas, Pepi, Luci e Bom, unha atolada rapaza, unha ama da casa e unha cantante punk, atópanse no Madrid dos anos oitenta cambiando dun xeito moi profundo as súas vidas.
Elenco de actores
[editar | editar a fonte]- Carmen Maura: Pepi
- Félix Rotaeta: polícia/irmán xemelgo
- Olvido Gara (Alaska): Bom
- Eva Siva (Ana Curra): Luci
- Concha Grégori: Charito, a veciña de Luci
- Kiti Manver: Rapaza modelo e cantante
- Cecilia Roth: Rapaza do anuncio de "Bragas Ponte"
- Julieta Serrano: Muller
- Cristina Sánchez Pascual: Muller barbuda
- Fabio de Miguel (Mc Namara): Roxy.
- Diego Álvarez: O fillo da muller
- Agustín Almodóvar: Chico