Charles Schulz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Charles Schulz
Charles Schulz NYWTS.jpg
Nacemento 26 de novembro de 1922
  Minneapolis
Falecemento 12 de febreiro de 2000
  Santa Rosa, Estados Unidos
Causa Infarto agudo de miocardio e Cancro colorrectal
Soterrado Sebastopol
Nacionalidade Estados Unidos de América
Ocupación debuxante de banda deseñada, artista de banda desenhada, artista, guionista, jogador do hoquei de gelo e xornalista
Coñecido/a por Peanuts
Premios Commandeur des Arts et des Lettres‎, Inkpot Award, Medalha de Ouro do Congresso e Salón da Fama de California
editar datos en Wikidata ]

Charles Monroe Schulz, nado en Minneapolis o 26 de novembro de 1922 e falecido en Santa Rosa o 12 de febreiro de 2000, foi un debuxante estadounidense, coñecido en todo o mundo polas tiras cómicas de Charlie Brown e do seu grupo. Pasou de ser un neno tímido ó que nada lle saía ben a converterse no debuxante que con máis tenrura conseguiu amosar o lado oculto do soño americano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun barbeiro alemán, Carl, e dunha ama de casa, Dena, era un fillo tímido que foi alentado polos seus pais no debuxo, sendo matricularono xa de pequeno nun curso por correspondencia dunha academia local. Cando fixo os 21 anos alistouse no exército para ver se alí se facía un pouco máis duro e, efectivamente, dous anos despois, en 1945, era xa un soldado da 20ª División Blindada que avanzaba co exército de liberación por Francia e Alemaña. O horror de todo o que viu nesa época volveuno máis escéptico co xénero humano.

De volta a casa, en 1948, creou unha historieta de nenos, xénero moi de moda por aquel entón, titulada Li'Folks. En 1950 conseguiu vendela para a súa comercialización ó gran sindicato United Feature co nome de Peanuts (Cacahuetes). Os seus personaxes tiveron grande éxito entre grandes e maiores, os primeiros debido á sinxeleza dos debuxos e os personaxes, e os segundos dada a mensaxe que cada un de dos personaxes escondía tras de si.

O autor que estaba reflectido en cada un dos personaxes, Charlie Brown e Snoopy os que máis. Morreu de cancro de colon no ano 2000.

Proba do éxito da súa obra son a portada de Time e de Life que protagonizaron os seus personaxes; que a NASA bautizou como Charlie Brown ó módulo de mando do Apolo X e como Snoopy ó módulo lunar; que cando Ronald Reagan era gobernador de California, declarouse o 25 de maio como día de Charles Schulz, ou que o ministro de arte francés Jack Lang nomeouno Cabaleiro da Orde das Artes e das Letras.