Cebiche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ceviche»)
Cebiche
Cebiche do Perú
NomeCebiche
Lugar de orixeLatinoamérica
IngredientesPeixe, marisco, zume de limón, pemento, cebola, coandro, etc (segundo a rexión)

O cebiche[1] é un prato consistente en peixe, mariscos ou ambos con aliños cítricos. Diferentes versións do cebiche forman parte da cociña dos países latinoamericanos litorais do océano Pacífico, como son Chile, Costa Rica, Colombia, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, o Perú e Porto Rico. Non hai estudos definitivos que confirmen o seu país de orixe, máis as hipóteses indican que o cebiche é un prato dos antigos poboadores do Perú na época precolombiana.

Entre os cítricos máis empregados están o limón e a lima, aínda que historicamente usouse a laranxa amarga. O aliño inclúe ademais algunha variedade local de ají ou chile, susbtituído por mostaza nalgunhas localidades de Ecuador e Centroamérica. Algunhas preparacións inclúen coandro picado e, agás no Perú, Chile e Panamá, no resto de países é común engadirlle mollo de tomate. A carne adoita marinarse xunto con cebola en anacos ou picada, e en México acostúmase engadir froitas picadas como tomate, aguacate e jícama.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fundación Felipe Antonio Custer: El arte de la cocina peruana. Quebecor World Perú, 2000. ISBN 9972-9298-0-9.
  • Erika Fetzer: Sabores del Perú. La cocina peruana desde los incas hasta nuestros días. Lima (Perú): Viena Ediciones, 2004. ISBN 84-8330-249-7.