Saltar ao contido

Ces Cotos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCes Cotos
Nome orixinalCésar Alejandro Rodríguez Cotos
Biografía
Nacemento7 de marzo de 2000 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Barquisimeto Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista

César Alejandro Rodríguez Cotos, coñecido como Ces Cotos, nado en Barquisimeto o 7 de marzo de 2000, é un futbolista galego-venezolano que xoga como centrocampista no Polvorín, da Segunda División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De ascendencia ourensá,[1] naceu na cidade venezolana de Barquisimeto e aos cinco meses trasladouse coa súa familia a Galicia, instalándose na Coruña.[2] Comezou xogando ao fútbol no Calasanz, e en 2010, con 10 anos, ingresou na canteira do Deportivo da Coruña. Entrou en categoría alevín, e subiu polas diferentes categorías ata chegar ao equipo xuvenil da División de Honra.[3] Rematada a súa etapa como xuvenil, rexeitou saír cedido a algún equipo, e abandonou o Deportivo despois de 9 anos no club.[3]

Para a tempada 2019/20 fichou pola UD Paiosaco, co que xogou na Terceira División. A campaña seguinte fichou polo Ourense CF, no mesmo grupo da Terceira División española, onde militou tempada e media. No equipo ourensán disputou un total de 50 partidos, un deles na Copa do Rei ante o Leganés, da Segunda División.[4]

O 22 de xaneiro de 2022 asinou polo Olympiakos Volos da Segunda Superliga de Grecia.[5] Debutou unha semana despois, marcando un gol no empate 1-1 ante o Apollon Larissa FC.[6] Con todo, trala chegada dun novo adestrador, Timos Kavakas, foi relegado ao banco de suplentes.[3] Recuperou a titularidade no treito final da competición e marcou tres goles nos cinco últimos encontros, pero foron insuficientes para evitar o descenso do club á Gamma Ethniki.[3]

A continuación regresou a Galicia, fichando como novo xogador do Polvorín, da Segunda División RFEF. Fíxose rapidamente coa titularidade no filial do Lugo, adestrado por Trashorras, e o 22 de outubro de 2022, debutou co primeiro equipo na Segunda División. Foi na xornada 12, nunha vitoria por 2-0 sobre o Burgos no Anxo Carro, onde o técnico Hernán Pérez lle deu entrada na media hora final como substituto de Cuéllar.[1] Xogou tamén nas tres seguintes xornadas da categoría de prata e foi titular no partido de Copa do Rei ante o Arenas de Getxo en Gobela.[7]

  1. 1 2 Meitín Buján, Ignacio (25 de outubro de 2022). "El Lugo pone alas a otro jugador del filial: Ces Cotos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.
  2. ↑ Garrote, Pepe (30 de agosto de 2020). "César se apunta al Ourense CF". La Región (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2022.
  3. 1 2 3 4 Lestón, Antón (24 de maio de 2022). "César Cotos: «En el extranjero haces un buen año y puedes salir en el Fifa»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2022.
  4. ↑ Vázquez, Rosa (15 de decembro de 2020). "Un Ourense con 10 le pone caro el pase al Leganés" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2022. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  5. ↑ "Ces Cotos deja un Ourense CF que no jugará en Lugo". 22 de enero de 2022. Consultado o 6 de febreiro de 2022.
  6. ↑ "Apollon Larisas 1-1 Olympiakos Volou". 30 de enero de 2022. Consultado o 6 de febreiro de 2022.
  7. ↑ "El Arenas deja K.O. al Lugo en la competición del K.O.". Marca (en castelán). 12 de novembro de 2022. Consultado o 2 de abril de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]