Institut du cerveau et de la moelle épinière
O Institut du cerveau et de la moelle épinière de París é unha fundación francesa sen fins de lucro cuxa misión é contribuír á prevención e o tratamento das enfermidades, especialmente as neurolóxicas ou psiquiátricas (Alzheimer, Parkinson, distonía, epilepsia, esclerose múltiple, ictus, cancro, demencia, depresión, trastorno obsesivo-compulsivo, autismo, etc.) así como na medula espiñal (paraplexía, cuadriplexía, etc.) e o cerebro.
Fundado o 24 de setembro de 2010, no local do hospital Pitié-Salpêtrière, o centro de investigación reúne a 600 investigadores, enxeñeiros e técnicos[1].
Membros fundadores[editar | editar a fonte]
O ICM reúne a personalidades de todos os ámbitos (medicina, deporte, comercio, cine, etc.) e que puxeron as súas diversas áreas de coñecemento ao servizo da Fundación: Gérard Saillant (presidente da ICM), Yves Agid (Director científico), Olivier Lyon-Caen, Luc Besson, Louis Camilleri, Jean Glavany, Maurice Lévy, Jean-Pierre Martel, Max Mosley, Lindsay Owen-Jones, Michael Schumacher, Jean Todt, David de Rothschild ou Serge Weinberg.
Os patrocinadores do ICM son Jean Reno e Michelle Yeoh.
Incubadora de iPEPS[editar | editar a fonte]
O ICM acolle unha incubadora de negocios. En decembro de 2019, máis de 27 empresas aloxáronse nesta incubadora[2].