Milagros López Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Milagros López Blanco
Nacemento24 de febreiro de 1904
 Laza
Falecemento21 de febreiro de 1995
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra
IrmánsCelso López Blanco
editar datos en Wikidata ]

María de los Milagros López Blanco, nada en Laza o 24 de febreiro de 1904 e finada en Pontevedra o 21 de febreiro de 1995, foi unha mestra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Francisco López, fiel contraste na provincia de Pontevedra, e Liduvina Blanco, e irmá de Celso López Blanco. Viviu un tempo en Valladolid.

Ingresou no Instituto de Pontevedra en 1916[1] e despois estudou na Escola Normal de Pontevedra, onde obtivo o título de mestra en 1926.[2] Foi mestra en Ribadelouro (Tui) e Budiño (Salceda de Caselas) dende 1934. Era socia da Casa del Maestro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionada con suspensión de emprego e soldo o 1 de setembro de 1936. Revisado o seu expediente en decembro, foi sancionada con seis meses de suspensión de emprego e medio soldo.[3] En 1937 foi nomeada mestra interina da graduada de Ponte Caldelas.[4] En 1938 volveu á escola de Budiño. En 1941 foi destinada á escola de Ribeira (Crecente).[5] Tamén deu clase en Cutián (San Xurxo de Sacos), Seixo, Cuspedriños, o seu último destino.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1929 co tamén mestre Rodolfo Estévez Rodríguez.[6] Tiveron tres fillos: Rodolfo, Fernando e José Luis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia Gallega, 20 de setembro de 1916, p. 3.
  2. El Progreso, 28 de maio de 1926, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 13 de decembro de 1936, p. 11.
  4. El Noticiero Gallego, 4 de abril 1937, p. 3.
  5. El Noticiero Gallego, 25 de xullo de 1941, p. 2.
  6. El Progreso, 14-8-1929, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]