Celastraceae
Celastraceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Celastrus orbiculatus | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Ver texto. |
Celastraceae, as celastráceas, é unha familia de plantas da orde Celastrales. Agrupa arredor de 90 a 100 xéneros e 1300 especies de rubideiras, arbustos e pequenas árbores. A gran maioría dos seus xéneros son tropicais, excepto Celastrus e Euonymus, amplamente estendidos por latitudes de clima temperado.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son árbores ou arbustos, ás veces escandentes, pubescentes, glabros ou case glabros; plantas hermafroditas, poligamodioicas ou dioicas. Follas alternas, opostas e verticiladas, simples, enteiras, crenadas e aserradas, con cristais de oxalato de calcio; estípulas persistentes, caducas ou ausentes. Inflorescencias axilares ou en nós florais acompañados de follas non desenvoltas, cimosas, tirsoides, en acios ou fasciculadas, brácteas presentes, erosas, flores actinomorfas; sépalos 4 ou 5, libres ou unidos na base, imbricados, algunhas veces persistentes; pétalos 4 ou 5, libres, imbricados; estames en igual número que as partes do perianto, filamentos libres xurdindo por debaixo ou na marxe do disco, alternipétalos ou alternisépalos, anteras tetrasporanxiadas e ditecas ou bisporanxiadas, dehiscencia lonxitudinal, comunmente introrsas ou laterais (extrorsas e ás veces case terminais en Euonymus); ovario súpero, semisúpero ou raras veces semiínfero, 2–5-carpelar, con igual número de lóculos como carpelos, algunhas veces abortando un lóculo, estilo terminal, en xeral curtamente 2–5-lobado, óvulos (1) 2 (3), 2–6 en Canotia, numerosos en Goupia, erectos, raras veces péndulos, placenta axilar. Froito cápsula, sámara, baga ou drupa; sementes a miúdo ariladas.[1]
Sinonimia
[editar | editar a fonte]- Canotiaceae, Chingithamnaceae, Goupiaceae, Lophopyxidaceae, Siphonodontaceae. Segundo o Sistema de Cronquist.
- Brexiaceae.[1] Arquivado 28 de outubro de 2021 en Wayback Machine., Plagiopteraceae[2] Arquivado 30 de outubro de 2021 en Wayback Machine., Stackhousiaceae[3] Arquivado 30 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
- Brexiaceae, Canotiaceae, Chingithamnaceae, Euonymaceae, Hippocrateaceae, Salaciaceae, Siphonodontaceae, Stackhousiaceae[4]
Subfamilias
[editar | editar a fonte]Contén as seguintes sufamilias:[2]
Xéneros
[editar | editar a fonte]- Acanthothamnus
- Allocassine
- Anthodon
- Apatophyllum
- Apodostigma
- Arnicratea
- Bequaertia
- Bhesa
- Brassiantha
- Brexiella
- Campylostemon
- Canotia
- Cassine
- Catha
- Celastrus
- Cheiloclinium
- Crocoxylon
- Crossopetalum
- Cuervea
- Denhamia
- Elachyptera
- Elaeodendron
- Euonymus
- Evonymopsis
- Fraunhofera
- Glyptopetalum
- Goniodiscus
- Gyminda
- Hartogiella
- Hartogiopsis
- Hedraianthera
- Helictonema
- Hexaspora
- Hippocratea
- Hylenaea
- Hypsophila
- Katafa
- Kokoona
- Loeseneriella
- Lophopetalum
- Macgregoria
- Maurocenia
- Maytenus
- Menepetalum
- Microtropis
- Monimopetalum
- Monteverdia
- Mortonia
- Mystroxylon
- Orthosphenia
- Paxistima
- Peripterygia
- Peritassa
- Perrottetia
- Plagiopteron
- Platypterocarpus
- Plenckia
- Pleurostylia
- Polycardia
- Prionostemma
- Pristimera
- Psammomoya
- Pseudosalacia
- Ptelidium
- Pterocelastrus
- Putterlickia
- Quetzalia
- Reissantia
- Rzedowskia
- Salacia
- Salacighia
- Salaciopsis
- Salvadoropsis
- Sarawakodendron
- Scandivepres
- Schaefferia
- Semialarium
- Simicratea
- Simirestis
- Siphonodon
- Stackhousia
- Tetrasiphon
- Thyrsosalacia
- Tontelea
- Torralbasia
- Tripterococcus
- Tripterygium
- Tristemonanthus
- Wimmeria
- Xylonymus
- Zinowiewia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Celastraceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden: Flora de Nicaragua. Consultado o 17 de febreiro de 2010.
- ↑ USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2009. Consultado o 16 de abril de 2009. (31 de outubro de 2013)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fl. Guat. 24(6): 201–218. 1949; Fl. Pan. 62: 45–56. 1975; B.E. Hammel. Three new species of Celastraceae from Costa Rica, one disjunct from Mexico. Novon 7: 147–155. 1997.