Caulerpa
Caulerpa | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caulerpa racemosa | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase o texto | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
Caulerpa é un xénero de algas de mar, da familia Caulerpaceae, que se inclúen dentro das algas verdes.
O termo provén do grego, de caulos, talo, e erpo, eu repto.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Os talos están compostos por estolóns horizontais, ancorados por rizoides sen cor, sostendo frondes fotosintéticos de extrema diversidade morfolóxica, incluíndo estruturas como unha herba, como follas, pinnadas, esponxosas ou vesiculares; e con ramificacións radiais ou bilaterais. A redución de luz tamén produce cambios nas partes erectas, dunha simetría radial a bilateral. O seu crecemento é apical e indeterminado.[1]
Contén amiloplastos mesturados con cloroplastos. Son pouco comúns, debido a que consisten nunha célula con moitos núcleos, polo que están entre as células máis grandes do mundo. Unha especie no Mediterráneo pode ter un estolón de máis de 3 m de longo, con 200 ramificacións. Poden chegar a alcanzar o metro de tamaño.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]O seu rango de profundidade vai desde a zona intermareal até os 180 m, e o rango de temperatura, oscila entre os 15 e os 29 °C.[2] Fíxase tanto en zonas areosas de pastos mariños, como en rochas ou esqueletos de corais.
A súa distribución xeográfica é global tropical a subtropical, con especies no mar Mediterráneo e en augas temperadas de Australia. A maior diversidade de especies dáse no sur de Australia.
A especie Caulerpa taxifolia estase volvendo unha especie invasora no mar Mediterráneo, Australia e sueste de California, onde está a ser erradicada. Hai especies de Caulerpa capaces de vivir en aguas temperadas sen predadores, contribuíndo á súa rápida propagación. Moitas especies Caulerpa de augas tropicais teñen herbívoros inmunes ao seus tóxicos, mais os herbívoros de auga temperada carecen desta inmunidade natural a estas toxinas, polo que Caulerpa crece abundantemente ao introducila en augas temperadas.
Consumo humano
[editar | editar a fonte]Algunhas especies, especialmente Caulerpa lentillifera e Caulerpa racemosa, son coñecidas como uva de mar ou caviar verde, consómense e teñen un sabor a pementa. As Caulerpa consómense na cociña de Indonesia, ás veces fresca, ou cocida en azucre. Crece ben na provincia de Cebú, Filipinas, para consumo doméstico, e para exportalo ao Xapón. O alcaloide caulerpina encontrado en Caulerpa pode ser velenoso.
Caulerpa foi común no hobby do acuario, por ser un absorbedor de nitratos, debido ao seu rápido crecemento en condicións adversas. Tamén se usa como refuxio para absorbentes de nitritos. Moitas introducións da invasora Caulerpa ao ambiente crese que ocorreron vía as verteduras dos acuarios. Caulerpa taxifolia está na lista federal dos EUA de maleza tóxica (Plant Protection Act).
Especies
[editar | editar a fonte]O Rexistro Mundial de Especies Mariñas acepta as seguintes especies no xénero:[3]
- Caulerpa agardhii. Weber-van Bosse, 1898
- Caulerpa alternans. Womersley, 1956
- Caulerpa antoensis. Yamada, 1940
- Caulerpa articulata. Harvey, 1855
- Caulerpa ashmeadii. Harvey, 1858
- Caulerpa bartoniae. G.Murray, 1896
- Caulerpa bikinensis. W.R.Taylor, 1950
- Caulerpa biserrulata. Sonder, 1871
- Caulerpa brachypus. Harvey, 1860
- Caulerpa brownii. (C.Agardh) Endlicher, 1843
- Caulerpa buginensis. E.Verheij & Prud'homme van Reine, 1993
- Caulerpa cactoides. (Turner) C.Agardh, 1817
- Caulerpa cliftonii. Harvey, 1863
- Caulerpa constricta. I.R.Price, J.M.Huisman & M.A.Borowitzka, 1998
- Caulerpa corynephora. Montagne, 1842
- Caulerpa cupressoides. (West) C.Agardh, 1817
- Caulerpa dichotoma. Svedelius, 1906
- Caulerpa diligulata. Kraft & A.J.K.Millar, 2000
- Caulerpa distichophylla. Sonder, 1845
- Caulerpa ellistoniae. Womersley, 1955
- Caulerpa elongata. Weber-van Bosse, 1898
- Caulerpa falcifolia. Harvey & Bailey, 1851
- Caulerpa faridii. Nizamuddin, 1964
- Caulerpa fastigiata. Montagne, 1837
- Caulerpa fergusonii. G.Murray, 1891
- Caulerpa filicoides. Yamada, 1936
- Caulerpa filiformis. (Suhr) Hering, 1841
- Caulerpa flexilis. J.V.Lamouroux ex C.Agardh, 1823
- Caulerpa floridana. W.R.Taylor, 1960
- Caulerpa freycinettii.
- Caulerpa gracilis. (Zan.) Web. V. B.
- Caulerpa harveyi. F.Müller ex Harvey, 1859
- Caulerpa hedleyi. Weber-van Bosse, 1910
- Caulerpa heterophylla. I.R.Price, J.M.Huisman & M.A.Borowitzka, 1998
- Caulerpa hodkinsoniae. J.Agardh, 1887
- Caulerpa holmesiana. G.Murray, 1891
- Caulerpa imbricata. G.Murray, 1887
- Caulerpa integerrima. (Zanardini) M.J.Wynne, Verbruggen & D.L.Angel, 2009
- Caulerpa juniperoides. J.Agardh, 1873
- Caulerpa kempfii. A.B.Joly & S.M.B.Pereira, 1975
- Caulerpa lagara. Carruthers, Walker & Huisman, 1993
- Caulerpa lanuginosa. J.Agardh, 1873
- Caulerpa lentillifera. J.Agardh, 1837
- Caulerpa lessonii. Bory de Saint-Vincent, 1828
- Caulerpa manorensis. Nizamuddin, 1964
- Caulerpa matsueana. Yamada, 1940
- Caulerpa mexicana. Sonder ex Kützing, 1849
- Caulerpa microphysa. (Weber-van Bosse) Feldmann, 1955
- Caulerpa murrayi. Weber-van Bosse, 1898
- Caulerpa nummularia. Harvey ex J.Agardh, 1873
- Caulerpa obscura. Sonder, 1845
- Caulerpa occidentalis. (J. Ag.) Boergs
- Caulerpa okamurae. Weber-van Bosse, 1897
- Caulerpa oligophylla. Montagne, 1842
- Caulerpa ollivieri. Dostál, 1929
- Caulerpa opposita. Coppejans & Meinesz, 1988
- Caulerpa papillosa. J.Agardh, 1873
- Caulerpa parvula. Svedelius, 1906
- Caulerpa paspaloides. (Bory de Saint-Vincent) Greville, 1830
- Caulerpa peltata. J.V.Lamouroux, 1809
- Caulerpa pickeringii. Harvey & Bailey, 1851
- Caulerpa pinnata. C.Agardh, 1817
- Caulerpa plumulifera. Zanardini, 1878
- Caulerpa prolifera. (Forsskål) J.V.Lamouroux, 1809
- Caulerpa pusilla. (Kützing) J.Agardh, 1873
- Caulerpa qureshii. Nizamuddin, 1964
- Caulerpa racemosa. (Forsskål) J.Agardh, 1873
- Caulerpa remotifolia. Sonder, 1853
- Caulerpa reniformis. G.R.South & Skelton, 2003
- Caulerpa reyesii. Meñez & Calumpong, 1982
- Caulerpa scalpelliformis. (R.Brown ex Turner) C.Agardh, 1817
- Caulerpa sedoides. C.Agardh, 1817
- Caulerpa selago. (Turner) C.Agardh, 1817
- Caulerpa serrulata. (Forsskål) J.Agardh, 1837
- Caulerpa sertularioides. (S.G.Gmelin) M.A.Howe, 1905
- Caulerpa seuratii. Weber-van Bosse, 1910
- Caulerpa simpliciuscula. (R.Brown ex Turner) C.Agardh, 1823
- Caulerpa spathulata. Womersley & A.Bailey, 1970
- Caulerpa subserrata. Okamura, 1897
- Caulerpa taxifolia. (M.Vahl) C.Agardh, 1817
- Caulerpa trifaria. Harvey, 1863
- Caulerpa turbinata. (J. Ag.) Eubank
- Caulerpa vanbossea. Setchell & N.L.Gardner, 1924
- Caulerpa veravalensis. Thivy & V.D.Chauhan, 1963
- Caulerpa verticillata. J.Agardh, 1847
- Caulerpa vesiculifera. (Harvey) Harvey, 1863
- Caulerpa webbiana. Montagne, 1837
- Caulerpa zeyheri. Kützing, 1857
Galería
[editar | editar a fonte]-
Caulerpa mexicana
-
Caulerpa paspaloides
-
Caulerpa peltata
-
Caulerpa peltata var. macrodisca
-
Caulerpa prolifera
-
Caulerpa racemosa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ M.D. Guiry in Guiry, M.D. & Guiry, G.M. 2013. AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. http://www.algaebase.org; consultado o 14 de outubro de 2013.
- ↑ http://eol.org/pages/9714/details
- ↑ Guiry, Michael D. (2013). Caulerpa J.V. Lamouroux, 1809. In: Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2013). AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway (taxonomic information republished from AlgaeBase with permission of M.D. Guiry). Accessed through: World Register of Marine Species at http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=143816. Consultado o 14-10-2013