Saltar ao contido

Margot Wallström

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMargot Wallström

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Kåge, Suecia Editar o valor en Wikidata
Ministro da Cooperação Nórdica da Suécia (pt) Traducir
25 de maio de 2016 – 21 de xaneiro de 2019
← Kristina Persson (pt) TraducirAnn Linde →
Membro do gabinete: Governo Löfven (pt) Traducir
Ministro dos Negócios Estrangeiros da Suécia (pt) Traducir
3 de outubro de 2014 – 10 de setembro de 2019
← Carl BildtAnn Linde →
Membro do gabinete: Governo Löfven (pt) Traducir
Vice-primeiro-ministro da Suécia (pt) Traducir
3 de outubro de 2014 – 10 de setembro de 2019
← Jan BjörklundMorgan Johansson →
Membro do gabinete: Governo Löfven (pt) Traducir, Governo Löfven II (pt) Traducir
Special Representative of the Secretary-General on Sexual Violence in Conflict (en) Traducir
2 de febreiro de 2010 – 30 de maio de 2012 – Zainab Bangura (pt) Traducir →
Vicepresidente da Comisión Europea
22 de novembro de 2004 – 9 de febreiro de 2010
← Loyola de PalacioCatherine Ashton →
Comissário Europeu do Ambiente (pt) Traducir
13 de setembro de 1999 – 11 de novembro de 2004
← Ritt BjerregaardStavros Dimas (pt) Traducir →
Ministro dos Assuntos Sociais da Suécia (pt) Traducir
22 de marzo de 1996 – outubro de 1998
← Ingela Thalén (pt) TraducirAnders Sundström (pt) Traducir →
Membro do gabinete: Persson Cabinet (en) Traducir
Ministro da Cultura da Suécia (pt) Traducir
7 de outubro de 1994 – 22 de marzo de 1996
← Birgit Friggebo (pt) TraducirMarita Ulvskog (pt) Traducir →
Membro do gabinete: Carlsson III Cabinet (en) Traducir
Ministro da juventude da Suécia (pt) Traducir
4 de outubro de 1988 – 4 de outubro de 1991
← Ulf LönnqvistInger Davidson (pt) Traducir →
Membro do gabinete: Carlsson I Cabinet (en) Traducir, Carlsson II Cabinet (en) Traducir
Ministro de Assuntos da Igreja (pt) Traducir
4 de outubro de 1988 – 4 de outubro de 1991
← Bo HolmbergInger Davidson (pt) Traducir →
Membro do gabinete: Carlsson I Cabinet (en) Traducir, Carlsson II Cabinet (en) Traducir
Ministro do Consumidor Sueco (pt) Traducir
4 de outubro de 1988 – 4 de outubro de 1991
← Bengt K.Å. JohanssonInger Davidson (pt) Traducir →
Membro do gabinete: Carlsson I Cabinet (en) Traducir, Carlsson II Cabinet (en) Traducir
Deputada do Parlamento de Suecia
4 de outubro de 1982 – 30 de setembro de 1985 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 1982–1985 Swedish Riksdag (en) Traducir

Circunscrición electoral: Värmland County Constituency (en) Traducir

Deputada do Parlamento de Suecia
1 de outubro de 1979 – 4 de outubro de 1982 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 1979–1982 Swedish Riksdag (en) Traducir

Circunscrición electoral: Värmland County Constituency (en) Traducir

Actividade
Lugar de traballo Estocolmo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Operário Social-Democrata da Suécia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteVem är hon (en) Traducir, (sec:Wallström, Margot E, p.484)
Vem är det 1993 (en) Traducir, (sec:Wallström, Margot E, p.1149)
Vem är det 1995 (en) Traducir, (sec:Wallström, Margot E, p.1152) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0909411 Twitter: margotwallstrom Editar o valor en Wikidata

Margot Elisabeth Wallström,[1] nada en Kage, Suecia o 28 de setembro de 1954, é unha política sueca membro do Partido Socialdemócrata Sueco especialmente coñecida polo desenvolvemento de políticas feministas e en defensa dos dereitos humanos. Foi ministra de Asuntos Exteriores de Suecia desde 2014 a setembro de 2019 liderando o que denominou "unha política exterior feminista". Foi vicepresidenta da Comisión Europea e comisaria de Relacións institucionais e Estratexia de Comunicación entre 2004 e 2009.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Margot Wallström é doutora honoris causa polas universidades de Chalmers e Mälardalen, en Suecia, e Lowell, en Massachusetts, Estados Unidos. En 2002 recibiu o título de comisaria do Ano do semanario European Voice.

Está casada e ten dous fillos.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

A nivel nacional

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro contacto coa política iníciase tras finalizar o bacharelato, na liga das Mocidades Socialdemócratas Suecas. En 1979 ingresa no Parlamento de Suecia, posto que ocupará durante seis anos. Entre 1988 e 1991, Wallström foi ministra de Protección dos Consumidores, Mulleres e Mocidade; e posteriormente ministra de Cultura (1994-1996) e ministra de Asuntos Sociais (1996-1998). Sempre nun goberno socialdemócrata.

En 1998 traballou como vicepresidenta executiva de Worldview Global Media, unha organización relacionada cos medios de comunicación.

Comisaria europea

[editar | editar a fonte]

Wallström asumiu o posto de comisaria europea de Medio Ambiente na Comisión de 1999, no executivo de Romano Prodi. En 2004, coa chegada de José Manuel Barroso, foi nomeada vicepresidenta da Comisión e comisaria de Relacións Institucionais e Estratexia da Comunicación.

En 2004 publicou, en colaboración co deputado do Parlamento Europeo, Göran Färm, A Europa dos pobos ou Por que é tan difícil amar á UE?.

Nacións Unidas

[editar | editar a fonte]

En 2010 asumiu o posto de Representante Especial das Nacións Unidas en materia de violencia sexual nos conflitos, foi a primeira en desenvolver esta representación. Foi substituída en setembro de 2012 por Zainab Hawa Bangura de Serra Leoa.[2]

Ministra de Asuntos Exteriores de Suecia

[editar | editar a fonte]

En 2014 asumiu o posto de ministra de Asuntos Exteriores de Suecia sinalando que encabezaría unha política exterior feminista centrándose nos dereitos e a representación das mulleres e proporcionando recursos para promover a igualdade de xénero e a igualdade de oportunidades.[3]

En 2015, Arabia Saudita retirou ao seu embaixador de Estocolmo despois de que Suecia cancelou un acordo de cooperación de defensa por cuestións de dereitos humanos. Wallstrom sinalou que era "medieval" o castigo dun blogueiro liberal pola flaxelación. A principios do mesmo ano, Wallstrom tivo que cancelar unha visita a Israel despois do recoñecemento do goberno dun estado palestino. Israel tamén retirou ao seu embaixador en Estocolmo.

Durante o mandato de Wallstrom como ministra de Asuntos Exteriores, Suecia asumiu un papel cada vez máis activo nas iniciativas internacionais de paz, organizando conversacións de cesamento do fogo sobre Iemen ou sendo anfitrións dunha reunión entre representantes de Corea do Norte e os Estados Unidos.

Entre 2017 e 2018 tivo un papel estratéxico no alto perfil para Suecia no Consello de Seguridade da ONU, co país como membro non permanente.

En 2019 dimitiu do seu posto sinalando que quería pasar máis tempo coa súa familia.[3] En setembro de 2019 foi sucedida por Ann Linde.

Documental

[editar | editar a fonte]

En 2019 estreouse o documental The Feminister dirixido por Viktor Nordenskiöld que acompaña a Margot Wallström durante catro anos nas xestións como Ministra de Asuntos Exteriores de Suecia e mostra o seu liderado na aplicación de políticas feministas.[4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]