Benita Ferrero-Waldner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benita Ferrero-Waldner
Benita Ferrero-Waldner.jpg
Nacemento5 de setembro de 1948
Lugar de nacementoEstado de Salzburgo
NacionalidadeAustria
Alma máterUniversidade de Salzburgo
Ocupacióndiplomática, xurista e política
PremiosKnight Grand Cross of the Order of Leopold II (Belgium), Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Grand Cross of Royal Norwegian Order of Merit, comendador da Lexión de Honor, Grand Cross of the Order of Honour, Comandante da Grã-Cruz da Ordem da Estrela Polar e Gran Cruz da Orde El Sol do Perú
Na rede
IMDB: nm2190531 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Benita Ferrero-Waldner, nada en Salzburgo o 5 de setembro de 1948, é unha política austríaca afiliada ao conservador Partido Popular de Austria (ÖVP).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Benita Ferrero Waldner (izq.) xunto a Cristina Fernández de Kirchner, naquel momento senadora arxentina.

Empezou traballando no sector privado, para pasarse á diplomacia en 1984 como xefa de protocolo do Secretario Xeral de Nacións Unidas, Boutros Boutros-Ghali. Desde 1995 a 2000 foi Secretaria de Estado baixo os gobernos socialdemócratas de Franz Vranitzky e Viktor Klima. Cando Wolfgang Schüssel foi elixido Chanceler de Austria a principios de 2000, Ferrero-Waldner converteuse en Ministra de Asuntos Exteriores, un posto que mantivo até outubro de 2004, sendo sucedida por Ursula Plassnik.[2]

En xaneiro de 2004 anunciouse a intención de Ferrero-Waldner de competir polo posto de Presidente de Austria, substituíndo a Thomas Klestil, tendo como único opoñente a Heinz Fischer. A súa candidatura foi apoiada polo ÖVP, pero o socialdemócrata Fischer gañaría as eleccións o 25 de abril de 2004, recibindo o 52,4% dos votos fronte ao 47,6%. Trala derrota electoral, é nomeada en xullo de 2004 Comisaria Europea por Austria na Comisión Barroso, substituíndo a Franz Fischler. Nun primeiro momento, ocupa a carteira de Relacións Exteriores e Política Europea de Veciñanza, pero coa creación do Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade pasa a ser Comisaria de Comercio, Política Europea de Veciñanza e Oficina de Cooperación Europaid até 2010.

Desde xullo de 2014 até maio de 2019 foi Socia do Despacho Cremades & Calvo-Sotelo Avogados.[3]

Está casada co español onteniense Francisco Ferrero Campos, director do Instituto Cervantes na súa sede de Bruxelas.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Benita Ferrero-Waldner appointed to Munich Re’s Supervisory Board" (en inglés). Munich Re. 17 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2016. 
  2. "Dª. BENITA FERRERO-WALDNER" (PDF). Gamesa Corp. 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de outubro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2016. 
  3. Benita FERRERO-WALDNER Presidenta de Honor de la Fundación Euroamérica