Categoría:Doenzas xenéticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A herdanza xenética é a transmisión a través do material xenético contido no núcleo celular, das características anatómicas, fisiolóxicas ou doutro tipo, dun ser vivo aos seus descendentes. O ser vivo resultante terá características dun ou dos dous pais. Xa que logo, as enfermidades ou doenzas derivadas dunha herdanza tórpida denomínanse doenzas xenéticas ou hereditarias.