15 isodicéntrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un exemplo de 15 isodicéntrico. Pódense ver os pasos entre 4x, 3x e 2x.

Cromosoma 15 isodicéntrico ou idic (15) é unha alteración cromosómica ou do cariotipo humano no cromosoma 15. Está dentro das chamadas doenzas raras. As persoas con idic (15) tipicamente posúen 47 cromosomas nas súas células somáticas, no canto dos 46 cromosomas que aparecen normalmente no cariotipo humano (23 cromosomas de cada proxenitor). O cromosoma extra componse dunha sección do cromosoma 15, concretamente a rexión 15q11q13 máis a porción correspondente ó centrómero. Esta rexión é, pola súa gran cantidade de ADN repetitivo, moi susceptible a roturas durante o proceso de gametoxénese, motivo polo cal a gran maioría de individuos inician a súa rexión en 15q11 (rexión proximal ó centrómero) e pode chegar mesmo até 15q14 (rexión máis arredada ó mesmo).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]