Castroncelos, A Pobra do Brollón
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castroncelos.
Castroncelos | |
---|---|
Concello | A Pobra do Brollón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°32′34″N 7°22′43″O / 42.542777777778, -7.3786111111111 |
Poboación | 149 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Castroncelos é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo que pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 149 habitantes (73 homes e 76 mulleres) repartidos en 8 entidades de poboación, o que supón un gran descenso respecto ao 1991, cando tiña 247 habitantes.
Limita ao norte coas parroquias da Pobra do Brollón e Lamaigrexa, ao oeste con Cereixa, ao leste con Salcedo e ao sur con Abrence.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santiago, data de época medieval, sufrindo varias reformas posteriores. Conta cunha torre cadrada, con muros de lousa, e catro vans enmarcados por arcos.
- Capela de Facendas, en Piñeiros.
- Casa do Mesón.
Festividades
[editar | editar a fonte]As festas de Castroncelos celébranse na honra a Santiago Apóstolo, patrón da parroquia, o día 25 de xullo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castroncelos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Castroncelos no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
---|---|
Castroncelos | O Empalme | A Estación | Martul | Outeiro | Piñeiros | Vilarmao |