Castelo de Balmoral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Balmoral Castle.jpg

O Castelo de Balmoral é unha gran mansión situada en Aberdeenshire, Escocia. Durante o reinado de raíña Vitoria I converteuse nunha residencia real, sendo empregada como morada de verán do monarca do Reino Unido. O actual castelo é unha obra arquitectónica de estilo neogótico construído entre 1852 e 1856, a propiedade conta con máis de 20 000 hectáreas de extensión. Balmoral é unha propiedade privada do rei, non pertence do Estado.[1][2] Está catalogada para a súa protección polo goberno de Escocia.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

O castelo comezou a construírse baixo as ordes de William Drummond en 1390. Pertenceu a Roberto II de Escocia, quen tiña un casarío de caza na zona. Foi vendido a Alexander Gordon, fillo do segundo marqués de Huntly, en 1451 que edificou unha casa maior cunha torre, para entón, o lugar xa era coñecido como "Bouchmorale". Pertenceu á familia até 1662, cando foi vendido á familia Farquarson. En 1798 James Duff, conde de Fife, mercou a propiedade, de quen pasou ao diplomático sir Robert Gordon, quen fixo varias ampliacións no pazo.[4]

Foi adquirido polo príncipe consorte Alberte para a súa dona Vitoria do Reino Unido en 1852. Naquela altura considerouse que o vello castelo era inapropiado para a familia real, polo que foi demolido e un novo edificio, deseñado por William Smith, construído. O príncipe Alberto involucrouse persoalmente na decoración dos interiores dotándoa dun estilo historicista que se inspirou en motivos típicos de Escocia. Deste xeito, os tartáns empregáronse para alfombras, moquetas e manteis, e perdomina a cor verde en nas paredes.[5]

Os xardíns que rodean o edificio alternan os espazos boscosos e silvestres con prados, seguindo as modas do romanticismo. A propiedade acolle animais salvaxes como greas de cervos e pitas do monte. Outra parte está destinada labradíos e pastos de vacas das Highlands e ponis.

Residencia real[editar | editar a fonte]

Dende que o príncipe Alberto mercara Balmoral, este castelo mantén unha especial relación coa familia real británica a onde se trasladaba en outono. Nel naceu, en 1887, a que sería raíña de España, Vitoria Uxía, muller de Afonso XIII. Tamén nel a raíña Vitoria recibiu a Nicolao II de Rusia en 1896.[6]

Para Isabel II, Balmoral foi un dos seus espazos favoritos.[1] Pasou a maioría dos veráns nesta propiedade, alí o protocolo é máis informal e nela organizou pícnis e paseos coa súa familia así como cos visitantes internacionais.[2][7] Era típico que a raíña invitase a pasar uns días aos primeiros ministros durante a súa estadía.[8][9] Foi en Balmoral onde estaba cando faleceu a princesa Diana de Gales e foi alí onde, canda o seu esposo, o príncipe Filipe, pasou boa parte da pandemia de covid-19.[10] A fins de agosto de 2022, informouse que a raíña recibiría ao sucesor de Boris Johnson en Balmoral.[11] O 6 de setembro deu audiencia a Liz Truss no tradicional beixamán, unha reunión na que a raíña ofrece ao primeiro ministro formar un goberno, e foi a primeira vez en que esta cerimonia tiña lugar en Balmoral.[12] Uns días máis tarde, o 9 de setembro, Isabel II faleceu en Balmoral, instalándose o seu cadaleito no salón de baile para ser velada pola familia.[13] Na mañá do 11 de setembro de 2022, o cadaleito de Isabel II abandonou Balmoral en coche fúnebre para desprazarse a Edimburgo.[14]

Ademais, baixo o patrocinio real, Balmoral tamén acolle celebracións folclóricas escocesas, como o evento dos "Ghillies" de danzas tradicionais e os xogos tradicionais de "Braemar Gathering".[15][16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Balmoral Castle: The Scottish home loved by the Queen". BBC News (en inglés). 2022-09-08. Consultado o 2022-09-11. 
  2. 2,0 2,1 Contreras, María (2019-08-04). "Balmoral, el verdadero hogar de Isabel II". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-09-11. 
  3. "BALMORAL CASTLE WITH PARTERRE AND TERRACE WALLS (LB51460)". portal.historicenvironment.scot. Consultado o 2022-09-11. 
  4. "Gordon, Robert (GRDN809R)". A Cambridge Alumni Database. 
  5. Design, ICON (2022-09-09). "Balmoral: el interior del lugar donde Isabel II ha pasado sus últimos días, al detalle". El País (en castelán). Consultado o 2022-09-11. 
  6. "Orlando Norie (1832-1901) - The arrival of Emperor Nicholas II and Empress Alexandra of Russia at Balmoral, 22 September 1896". www.rct.uk (en inglés). Consultado o 2022-09-11. 
  7. Lakritz, Talia. "Queen Elizabeth 'died peacefully' at Balmoral Castle. Take a look inside the 50,000-acre royal estate where she spent every summer.". Insider (en inglés). Consultado o 2022-09-11. 
  8. Bradley, Charlie (2022-09-10). "Tony Blair on Queen getting stuck in with the dishes while hosting PMs". Express.co.uk (en inglés). Consultado o 2022-09-11. 
  9. "Former prime minister Theresa May tells amusing anecdote about Balmoral picnic with the Queen". Sky News (en inglés). Consultado o 2022-09-11. 
  10. Yasharoff, Hannah. "Queen Elizabeth, Prince Philip departing remote Balmoral Castle, will return to England". USA TODAY (en inglés). Consultado o 2022-09-11. 
  11. "Queen to appoint new prime minister at Balmoral". BBC News (en inglés). 2022-08-31. Consultado o 2022-09-11. 
  12. "Liz Truss, nova primeira ministra do Reino Unido". G24. Consultado o 2022-09-11. 
  13. Elston, Laura (2022-09-11). "Queen's coffin lies at rest in Balmoral ballroom ahead of journey to Edinburgh". GlasgowLive (en inglés). Consultado o 2022-09-11. 
  14. "Milleiros de persoas despiden a Isabel II no traslado dos restos mortais de Balmoral a Edimburgo". G24. Consultado o 2022-09-11. 
  15. Cope, Rebecca (2022-08-25). "The Ghillies Ball: Inside the annual dance thrown by the Queen at Balmoral". Tatler (en inglés). Consultado o 2022-09-11. 
  16. "The Braemar Gathering at Balmoral: a Classic FM special". Classic FM (en inglés). Consultado o 2022-09-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]