Boris Johnson
Boris Johnson | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alexander Boris de Pfeffel Johnson |
Nacemento | 19 de xuño de 1964 |
Nova York | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Reino Unido |
Etnia | britânico branco |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Alma máter | Eton College, Balliol College, Oxford, Ashdown House School e European School, Brussels I |
Ocupación | xornalista, político, editor literario, escritor, ensaísta e blogueiro |
Pai | Stanley Johnson |
Nai | Charlotte Johnson Wahl |
Cónxuxe | Marina Wheeler e Allegra Mostyn-Owen |
Fillos | Milo Arthur Johnson, Cassia Peaches Johnson, Theodore Apollo Johnson, Lara Lettice Johnson e Wilfred Johnson |
Irmáns | Jo Johnson, Rachel Johnson e Leo Johnson |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alexander Boris de Pfeffel Johnson, nado en Nova York o 19 de xuño de 1964 é un político, historiador e xornalista británico que é o actual primeiro ministro do Reino Unido dende 2019.[1]
Anteriormente foi alcalde de Londres de 2008 a 2016. Tamén é Membro do Parlamento (MP) por Uxbridge e South Ruislip dende 2015. É o líder do Partido Conservador e considérase a si mesmo conservador One-Nation e foi descrito como libertario por mor da súa asociación co liberalismo económico e co liberalismo social.
Escollido candidato conservador para as eleccións á alcaldía de Londres de 2008, Johnson derrotou ó alcalde laborista Ken Livingstone. Durante ó seu primeiro mandato como alcalde, prohibiu o consumo de alcohol no transporte público, introduciu os buses New Routemaster, as 'Boris Bikes' e impulsou o sector financeiro de Londres. No 2012, foi re-elixido como alcalde, derrotando de novo a Livingstone. Durante o seu segundo mandato celebráronse os Xogos Olímpicos de 2012. No 2015 foi elixido Membro do Parlamento por Uxbridge e South Ruislip.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Boris Johnson, nombrado Primer Ministro británico" (en castelán). 24 de xullo de 2019. Consultado o 24 de xullo de 2019.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boris Johnson ![]() |