Xosé Ramón Paz Antón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Ramón Paz Antón
Nacemento1957
Lugar de nacementoO Porriño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico, pintor, escritor e político
editar datos en Wikidata ]

Xosé Ramón Paz Antón, nado no Porriño en 1957, é un músico, pintor, escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro fundador do grupo musical Na Lúa (1980), compartiu este labor coa actividade plástica a partir da década dos noventa. Uns anos despois comeza a publicar artigos e libros sobre historia contemporánea e musicoloxía. Foi concelleiro do BNG no Porriño no período 1991-2003 e en 2011. Elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 2005, presidiu as Comisións de Industria e Emigración do Parlamento galego. En 2012 pediu a baixa no BNG e tamén como concelleiro con Raúl Francés e Victoria Cardoso.[1]

Exposicións[editar | editar a fonte]

Algunhas exposicións individuais: 26 Pinturas Neomíticas (1993), Viaxe Interior (1995), Individual en Galería Trisquel e Medulio (2002), Música Plástica (2011), Revisións (2015).

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Na Lúa[editar | editar a fonte]

  • Na Lúa (1985).
  • A estrela de Maio (1987).
  • Ondas do mar de Vigo (1988).
  • Contradanzas (1991).
  • Peliqueiro (1994).
  • Os tempos son chegados (1997).
  • Feitizo (1999).
  • As fases de Na Lúa (2001).

Con Uxía[editar | editar a fonte]

  • Foliada de marzo (1986).
  • Entre cidades (1991).

Obras[editar | editar a fonte]

  • O Porriño 1936, 2007.
  • Bandas, músicos e orquestras do Porriño, 2009.
  • O compositor Antonio Paz Valverde e a Coral Polifónica, 2010.
  • Salceda en festa. Historia das bandas de música de Salceda de Caselas, 2011.
  • O Doutor Zunzunegui, 2015.
  • Crónicas do fútbol na Gándara, 2017.
  • Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia (2019). Ed. de Xosé Ramón Pan Antón. Engaiolarte. 176 páxs. ISBN 978-84-949007-2-3.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • O Porriño-Bibliografías (2005) con Albino Alonso e David Pérez.
  • O Miño, unha corrente de memoria (2008).
  • Facianas da represión franquista en Terra de Montes (2011) con Dionísio Pereira.
  • Bandas de Pontevedra (2014).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]