Carqueixa boieira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carqueixa boieira
Halimium lasianthum

Halimium lasianthum
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malvales
Familia: Cistaceae
Xénero: Halimium
Especie: H. lasianthum
Nome binomial
Halimium lasianthum
Spach
Subespecies
Véxase o texto
Detalle da flor

A carqueixa boieira,[1] Halimium lasianthum, é unha especie de planta fanerógama arbustiva da orde das malvales e familia das cistáceas, unha das comprendidas no xénero Halimium.

De até un metro de altura, ten follas oblongas e flores reunidas en grupos con pétalos amarelos.

Non confundir con carqueixa (Genista tridentata).

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1836 polo botánico francés Édouard Spach, nun traballo publicado en Ann. Sci. Nat., Bot. sér. 2, 6: 366.[2]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies:[2]

  • Halimium lasianthum alyssoides (Lam.) Greuter
  • Halimium lasianthum lasianthum Spach

Características[editar | editar a fonte]

Orixinaria da Península Ibérica (Portugal, oeste de España), do suroeste de Francia e do noroeste de África (Marrocos),[3] é un arbusto perennifolio que crece até 1 m de altura por 1,5 m de ancho, con follas de cor verde agrisada e flores amarelas brillantes na primavera. As flores poden ter unha mancha granate na base de cada pétalo.[4][5]

Para cultivar esta planta requírese un solo areoso e pleno sol.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. carqueixa boieira no Dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 2,2 Halimium lasianthum (Lam.) Spach no GBIF. Consultado o 13 de decembro de 2021.
  3. "Halimium lasianthum (Lam.) Spach" (PDF). Flora Ibérica. Consultado o 13 de decembro de 2021. 
  4. RHS A-Z encyclopedia of garden plants. United Kingdom: Dorling Kindersley. 2008. ISBN 978-1-4053-3296-5. 
  5. "Halimium lasianthum". Cistus & Halimium website. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2021. 
  6. "Halimium lasianthum". www.rhs.org.uk (en inglés). Consultado o 2022-03-22.