Halimium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Flor de Halimium lasianthum

Halimium é un xénero de plantas fanerógamas da orde das malvales e familia das cistáceas.

Comprende 12 especies de subarbustos de folla perenne ou semiperenne estreitamente emparentadas coas do xénero Cistus.

Son orixinarias de Europa, norte de África e Asia Menor, cun centro de diversidade na rexión do Mediterráneo. occidental.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1836 polo botánico francés Édouard Spach, nun traballo publicado en Ann. Sci. Nat. Bot. ser. 2, 6: 365.[1]

Especies seleccionadas[editar | editar a fonte]

Características[editar | editar a fonte]

As follas son opostas, simples, ovaladas, de 1 a 5 cm de longo e de 0,5 a 2 cm de largo, que varían de verde brillante a verde gris tomentoso. As flores miden 1,5-4 cm de diámetro, teñen cinco pétalos, brancos ou amarelos; nalgunhas especies as flores son bicolores, cunha mancha basal vermella ou parda escura en cada pétalo para actuaren como guía para o néctar para os insectos polinizadores.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]