Cistáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cistus salviifolius

A das cistáceas (Cistaceae) é unha familia de plantas fanerógamas da orde das malvales.[1][2]

Con de 170 a 200 especies distribuídas en 7 ou 9 xéneros, segundo os autores, son propias de zonas temperadas, en especial da rexión mediterránea.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1789 polo médico e botánico francés Antoine Laurent de Jussieu na súa obra Genera plantarum, secundum ordines naturales disposita juxta methodum in Horto Regio Parisiensi exaratam. París: Herissant et Theophile Barrois.[2][3]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a familia coñeceuse tamén polo sinónimo:[2][4]

  • Helianthemaceae (heliantemáceas).

Xéneros[editar | editar a fonte]

O ITIS considera os xéneros seguintes:[4]

Características[editar | editar a fonte]

Son plantas arbustivas (Cistus laurifolius), subarbustivas (Helianthemum canum) ou herbáceas (Tuberaria guttata).

Teñen follas simples, opostas (ás veces alternas), coriáceas, ás veces co bordo revoluto, xeralmente con pelos estrelados, con ou sen estípulas, e presentan glándulas con resinas e aceites.

Flores hermafroditas, actinomorfas, solitarias o reunidas en acios o en corimbos; cáliz con 5 sépalos, os 2 externos pequenos ou ás veces ausentes; corola con 5 pétalos fugaces, grandes, e cunha curta uña que, ás veces, está manchada; corolas de 3 pétalos; estames numerosos, como adoita ser xeralmente o caso nas demais familias da orde; xineceo súpero, con 3, 5, 8 o 10 carpelos.

Froitos en cápsula loculicida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cistaceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Cistaceae no GBIF. Consultado o 13 de decembro de 2021.
  3. Cistaceae Juss. no IPNI.
  4. 4,0 4,1 Cistaceae no ITIS. Consultado o 13 de decembro de 2021.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]