Caroline Peddle Ball

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCaroline Peddle Ball
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1869 Editar o valor em Wikidata
Terre Haute, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de outubro de 1938 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Harwinton, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJohn B. Peddle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Caroline Peddle Ball, nada en Terre Haute, Indiana, o 11 de novembro de 1869 e finada en Harwinton, Connecticut, o 1 de outubro de 1838, foi unha escultora estadounidense.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Caroline Peddle era filla de Mary Elizabeth Ball e de Charles Rugan Peddle,[2] que exercía como mestre mecánico do ferrocarril de Terre Haute a Richmond.[3][4]

Caroline Peddle comezou a súa educación na Escola Normal de Terre Haute e despois no Instituto Politécnico Rose. Posteriormente continuou a súa formación artística en Filadelfia, na Escola de Deseño Feminino e na Academia de Belas Artes de Pensilvania. Xa en Nova York, completou a súa formación na Art Students League,[2][3] con profesores como Augustus Saint-Gaudens e Kenyon Cox.[4][5] Nesta institución formou parte do Gremio de Artes e Oficios.[6]

Carreira artística[editar | editar a fonte]

Esbozo inicial de Caroline Peddle para o cuarto de dólar isabelino.[7]

Peddle Ball traballou para a Tiffany Glass and Decorating Company, que expuxo os seus deseños na Exposición de Chicago de 1893.[3][4] Para esta compañía deseñou as súas primeiras encargas, entre outras, as figuras da Virxe xuvenil e do Cristo do Sagrado Corazón.[6][8]

Por recomendación do seu antigo profesor Saint-Gaudens, encomendóuselle tamén o deseño dunha moeda en conmemoración a Exposición de Chicago, o coñecedio "cuarto de dólar isabelino", labor para o que foi contratada en marzo de 1893. Peddle chegou a presentar un esbozo do seu deseño para esta moeda conmemorativa, que reproducía no anverso a raíña de Castela Isabel I, mais este non foi do agrado do daquela director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Edward O. Leech, quen limitou a encarga a Peddle a só unha face da moeda. Ante esta situación, Peddle sentiuse desautorizada e no mes de abril decidiu retirarse do proxecto,[4] que finalmente foi executado polo gravador xefe da Casa da Moeda, Charles Edward Barber.[9]

Cara a 1895, Peddle Ball viaxou a Europa. Estivo en Florencia de setembro dese ano a marzo de 1896, estudando os mestres do Renacemento;[8] tamén visitou Roma e tivo un estudio en París durante varios anos, a partir de maio de 1897. Durante a súa estadía en Europa creou decoracións de interiores para residencias particulares e tamén esculturas monumentais. Unha destas figuras, Victoria, no edificio dos Estados Unidos da Exposición Universal de París de 1900, valeulle unha mención honorífica.[3][6]

Peddle Ball regresou aos Estados Unidos en 1902 e mantivo un estudio en activo durante o resto da súa vida. Foi unha prolífica expositora ata moi avanzada idade. A súa escultura de tamaño natural da actriz ruso-estadounidense Alla Nazimova recibiu homenaxes na Academia de Belas Artes de Filadelfia. Especializouse en fontes para paxaros, modelos de cativos, lápidas de cemiterio e farois decorativos.[3] Entre outros traballos, creou unha fonte conmemorativa en Flushing, Long Island, un retrato medallón de Miss Cox, de Terre Haute, e un monumento a un cativo na mesma cidade.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Caroline Peddle era a irmá máis nova de John B. Peddle, un enxeñeiro mecánico profesor de Deseño Mecánico no Instituto Politécnico Rose, onde ela estudou.[3]

O 16 de outubro de 1902 casou con Bertrand E. Ball, con quen tivo unha filla, chamada Mary Aseneth.[2] O matrimonio acabaría en divorcio.[4]

Caroline Peddle pasou os seus derradeiros anos en Connecticut. Alí finou o 1 de outubro de 1938, aos 68 anos,[3] no Charlotte Hungerford Hospital, na cidade de Torrington.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Caroline Peddle Ball". AskArt.com
  2. 2,0 2,1 2,2 "Ball, Caroline Peddle". En Leonard, J. W. (1914). Páxina 71.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Wright, S. "Caroline Peddle Ball (Nov 11, 1869 – Oct 1, 1938)". Vigo County Public Library (Vigolibrary.org).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Nichols, K. L. "Caroline Peddle Ball (1869 - 1938)". International Women Sculptors.1893 Chicago World's Fair and Exposition.
  5. C. (1906). Páxinas 310-311.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Waters, C. E. C. (1904). Páxina 25.
  7. Moran, M. F. (2008). Páxina 95.
  8. 8,0 8,1 C. (1906). Páxina 311.
  9. Moran, M. F. (2008). Páxinas 87-93.
  10. C. (1906). Imaxe de portada.
  11. C. (1906). Páxina 10 bis.
  12. St Nicholas for Young Folks. Vol. 32. Nº 4. Febreiro de 1905. Páxina 296.
  13. "Mrs. Caroline P. Ball; sculptress Taught by Saint Gaudens dies in Torrington". En The New York Times. 3 de outubro de 1938.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]