Saltar ao contido

Edward O. Leech

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEdward O. Leech
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1850
Washington
Morte1 de maio de 1900 (49 anos)
Nova York
Causa da morteApendicite
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónUniversidade Columbia
Universidade George Washington.
Actividade
OcupaciónAlto funcionario e político dos EEUU.
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Membro de:
United States Assay Commission.

Edward Owen Leech, nado en Washington o 9 de decembro de 1850 e finado en Nova York o 1 de maio de 1900, foi un alto funcionario e político estadounidense, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1889 e 1893.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe familiar

[editar | editar a fonte]

Edward O. Leech naceu o 9 de decembro de 1850 en Washington, onde o seu pai, Daniel D. Tompkins Leech (1810-1869) tiña a súa praza como funcionario do Servizo Postal dos EEUU e, posteriormente, do Departamento do Tesouro. Edward O. Leech era descendente directo de Lawrence Leach (1589-1662), un inglés establecido en Salem, Massachusetts, en 1629. Ademais, un avó de Edward O. Leech, o capitán Hezekiah Leach, loitou na Guerra de Independencia dos EEUU.[1][2]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Edward O. Leech recibiu a súa educación secundaria no Instituto de Everett, en Washington, e logo cursou estudos superiores na Universidade Columbia, na que se graduou en 1869, ano en que tamén faleceu o seu pai.[2][3]

Ese mesmo ano comezou tamén a exercer como empregado na Oficina de Estatística do Departamento do Tesouro. No marco da reorganización da Casa da Moeda dos Estados Unidos, a raíz da Lei da Moeda de 1873, o daquela director da institución, Henry Linderman, invitou a Leech a se converter nun dos seus axudantes. Posteriormente traballou como responsable de ensaios, como axustador de contas e como contador de metal precioso.[2][3]

Paralelamente, Leech continuou a súa formación académica e en 1886 acadou o seu mestrado na Facultade de Dereito da Universidade Nacional en Washington, aínda que decidiu permanecer vinculado profesionalmente á US Mint, no canto do exercicio da práctica xurídica.[3]

Medalla do director Edward O. Leech emitida en 1890 pola Casa da Moeda dos EEUU. Gravador: Charles E. Barber.

O 16 de outubro de 1889, o presidente Benjamin Harrison nomeou a Leech director da Casa da Moeda dos EEUU, en substitución de Linderman. Leech tiña 38 anos e era a persoa máis nova en acceder ao posto de director.[3] The New York Times publicou un editorial situándose en contra deste nomeamento, argumentando que o presidente o levara a cabo simplemente porque Leech encubrira o fillo do presidente nun escándalo relacionado cun negocio fraudulento en Montana.[4] Leech exerceu o cargo de director da ceca pública entre outubro de 1889 e maio de 1893, data en que se retirou do seu servizo para a Administración, a raíz dun cambio de Goberno.[2]

Fóra xa do ámbito administrativo, Leech ocupou postos directivos na banca, como o de vicepresidente do National Union Bank e tamén do National Bank of Commerce, ambos de Nova York.[2]

Ademais, no ámbito político, na Convención Nacional Republicana celebrada en San Luís en 1896, Leech xogou un papel moi relevante na aprobación dun punto polo que o seu partido se amosaba favorable ao mantemento do padrón ouro.[2]

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Leech casou o 25 de outubro de 1871 con Celia Kelen Kent, de Pittsburg, Pensilvania,[5] con quen tivo tres fillos. Celia faleceu en 1889.[2]

O 1 de maio de 1900, Leech faleceu no hospital Mount Sinai, en Nova York, por mor das complicacións dunha apendicite.[2]

  1. Evans, G. G. (1893). Páxina 96.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 "Edward Owen Leech". En The Bankers Magazine. Volume 60. Nº 5. Bradford-Rhodes & Company, Nova York. 1900. Páxinas 698-699.
  3. 1 2 3 4 Evans, G. G. (1893). Páxina 97.
  4. "Paying for Whitewash". En The New York Times. 8 de outubro de 1889.
  5. Evans, G. G. (1893). Páxina 98.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
James P. Kimball

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1889 - 1893
Sucesor:
Robert E. Preston